Lisardo Longueira García, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) en 1897 e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Coñecido polo alcume de "Ferranchín". Veciño de Pravio (Cambre), onde organizou e foi directivo dun sindicato anarquista. En xuño de 1933 foi multado polo Gobernador civil.La Voz de Galicia, 7-6-1933, p. 5. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Detido en 1937, foi procesado por rebelión militar na causa 1168/37 e condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Justo Galán Barbero, José Maseda Vaamonde e Antonio Santos Fernández. Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros