Purificación Campos Sánchez, nada en Barcelona o 18 de agosto de 1937 e finada en Madrid o 19 de novembro de 2019, foi unha historietista, ilustradora e pintora española, que traballou fundamentalmente para o mercado exterior. Está entre os artistas españois de banda deseñada que máis venderon e con maior éxito.EFE (06/05/2010). La mujer busca su «habitación propia» en el Salón del Cómic de Barcelona, ABC.</ref>

Traxectoria Inicios profesionais De nai modista, Purificación estudou na escola da Llotja de Barcelona antes de dedicarse á ilustración para revistas de moda.

A través de Manuel Vázquez, conseguiu traballo na editorial Bruguera, primeiro como portadista e logo como historietista nas revistas femininas da casa, como Dalia (1959), Sissi (1961), Blanca (1961), Can Can (1961) ou Celia (1963).

O mercado exterior En 1971, comezou a traballar para revistas inglesas a través da axencia Creaciones Editoriales, dando vida aos guións de Philip Douglas na serie Patty’s World. Con esta serie, que durou ata 1988, logrou unha tirada semanal de entre 300 000 e 400 000 exemplares en varios países do mundo.Hermosín, Antonio (03/09/2007). Vuelve Esther y su mundo, El Mundo. En España, a Editorial Bruguera incluína, co título de Esther y su mundo na revista "Lily" a partir de 1974. O ano 1981, Bruguera editou unha revista co mesmo nome, Esther.Guiral (09/2010), páx. 149.

Para o mercado neerlandés, iniciou en 1975 outra serie de éxito, con guións de Andries Brandt: Tina, protagonista da revista homónima.

Co guionista Francisco Ortega, que logo foi o seu marido, creou Gina, protagonizada por unha rapaza adolescente, os seus amigos e os seus primeiros amores, que crece no ambiente dos anos 70 e 80.

Últimos anos Na década dos 80, centrouse na pintura, organizando unha academia de debuxo e unha sala de exposicións.<ref>Bilbao, J. (17/08/2005). Pura Campos: "Antes, las mujeres no admitían leer cómics; hoy sus hijas no saben que existen" , ABC.

A partir de 2006, motivada polo éxito das reedicións da personaxe iniciou Las nuevas aventuras de Esther, con guión de Carlos Portela, cun primeiro álbum que vendeu 20 000 exemplares.Sotelino, B. R. (22/6/2008). "La última vez que hice recuento tenía 16.000 cómics", La Voz de Galicia. A protagonista é a mesma Esther dos anos setenta, mais agora xa é unha muller adulta, divorciada e cunha filla.

Premios 2004: Premios Haxtur á Autora que Amamos no Salón Internacional do Cómic do Principado de Asturias (Xixón) En 2009, o goberno español concedeu a Purita Campos a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, xunto a outras 24 personalidades.EFE (26/02/2010). La Duquesa de Alba, Medalla de oro al mérito en las bellas artes, "Público". O 1 de maio de 2011 o concello de Xetafe e o Escoge (1.º Escenario do Cómic de Xetafe) homenaxearon a autora e entregáronlle a placa co seu nome co que se bautizaría unha rúa do municipio. 2013: Gran Premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona

Notas

Véxase tamén Bibliografía Jose Mª FLores. Purita Campos. La dibujante de moda. El Wendigo. Número 97/98 (2003) Faustino Rodríguez. Purita Campos. Entrevista. El Wendigo. Número 97/98 (2003)

Ligazóns externas

Comic creator: Pura Campos ena Comiclopedia de Lambiek Entrevista a Purita Campos

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Ilustradores de España Categoría:Pintores de Cataluña