Madelaine Grobbelaar Petsch, nada en Port Orchard, Washington o 18 de agosto de 1994, é unha actriz surafricana-estadounidense. É coñecida por interpretar o papel de Cheryl Blossom en Riverdale de The CW.

Traxectoria

Primeiros anos Petsch naceu o 18 de agosto de 1994 en Port Orchard, Washington. Aos 3 anos, desenvolveu unha paixón pola danza, e así comezou a tomar clases de baile e clases de actuación dous anos máis tarde. Os seus pais son surafricanos e viviu en Suráfrica xunto aos seus pais e o seu irmán Shawn durante dez anos antes de regresar aos Ánxeles aos 18 anos para comezar a súa carreira artística despois de graduarse.

Carreira Petsch apareceu nunha campaña de publicidade nacional para Coca-Cola en 2014.

En 2015, Madelaine deu os seus primeiros pasos no cinema como extra no filme de ciencia ficción The Hive e a serie Instant Mom. Fixo unha audición para unha participación especial en Legends of Tomorrow e o director do casting que tamén era o de Riverdale díxolle que audicionara para o piloto como Betty Cooper, que logo pasou a Cheryl Blossom onde máis tarde obtivo o papel, baseada nos personaxes de Archie Cómics, que se emite en The CW. En marzo de 2017, anunciouse que Petsch participaría no filme de terror Polaroid.

Vida persoal Á idade de 14 anos converteuse en vegana, e participou nunha campaña de sensibilización de PETA.

En febreiro de 2017 comezou unha relación co cantante e compositor T. Mills.

Filmografía

Cine AnoTítuloRolNotas2015The HiveMoza corrente #22016The Curse of Sleeping BeautyEliza2017F&% The PromMarissa2019PolaroidJoanne Flame

Televisión AnoTítuloRolNotas2015Instant MomSirenaEpisodio: "Gone Batty"2017–2023RiverdaleCheryl BlossomElenco principal

Premios e nomeamentos AnoPremiaciónNomeada porCategoríaResultadoRef.2017Teen Choice AwardsRiverdaleMellor alborotador/aGañadora2018MTV Movie & TV AwardsMellor ladrón de escenaGañadora

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Madelaine Petsch en Twitter Madelaine Petsch en Facebook Madelaine Petsch en Instagram

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Washington Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América