Itxaso Atutxa Atutxa, nada en Bilbao o 19 de xuño de 1967, é unha filóloga e política vasca pertencente a EAJ-PNV.
Traxectoria Naceu no barrio bilbaíno de Indautxu o 19 de xuño de 1967. Cando tiña catro anos, o seu pai, o histórico dirixente de EAJ-PNV Javier Atutxa, que era capitán de barco, decidiu quedar en terra e a familia mudouse a Deusto. Alí viviu e estudou até o seu matrimonio con Aitor Esteban, momento en que se trasladaron a vivir a Zeberio.
Atutxa estudou primeiro na ikastola do seu barrio e a secundaria no colexio de La Salle. Licenciouse en Filoloxía vasca na Universidade de Deusto.
Atutxa desenvolveu o seu labor profesional na empresa privada, principalmente en postos de dirección no sector audiovisual. É socia da empresa 3Koma.
Involucrouse tamén en numerosos proxectos de carácter social e cultural, entre os cales salientan: patroa do Museo Etnográfico de Bilbao, vicepresidenta da Fundación Sabino Arana, membro do Consello de Dirección de Emakunde.
No eido da política, a súa vinculación co EAJ-PNV produciuse dende os seus primeiros anos, dados os seus antecedentes familiares. Afiliouse ós dezaseis anos pertence á xeración que fixo a transición entre os dirixentes que viñan da clandestinidade e a de Íñigo Urkullu, Andoni Ortuzar, Koldo Mediavilla ou Joseba Aurrekoetxea. Foi tenente de alcalde do Concello de Zeberio, vila onde reside, e é membro da Asemblea Nacional de EAJ-PNV.
Atutxa foi nomeada o 21 de febreiro de 2013, presidenta do Bizkai Buru Batzar (BBB), a executiva biscaíña de EAJ-PNV, sendo a primeira muller en ocupar este posto. Foi reelixida por unanimidade no 2017.
Vida privada Está casada con Aitor Esteban e ten dous fillos, Aritz e Oier.
Notas
Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1967 Categoría:Euskal Irrati Telebista Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Políticos do PNV Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto