Caroline Woolmer Leakey, nada en Exeter (Devon) o 8 de marzo de 1827 e finada na mesma cidade o 12 de xullo de 1881, foi unha escritora inglesa. A súa poesía e a súa única novela (The Broad Arrow, publicada co pseudónimo de Oliné Keese) estiveron influídas pola súa estancia en Van Diemen's Land (actual Tasmania) entre 1848 e 1853. Traxectoria Foi a sexta de once irmáns, filla do artista James Leakey e de Eliza Hubbard Woolmer. De nova foi lectora ávida, e colaborou en actividades de caridade relixiosa. En 1847 foi a Hobart, onde emigrara a súa irmá Eliza co seu marido James Medland. Pasou longas estancias encamada por estar doente. En 1851 pasou doce meses no asentamento de presos de Port Arthur. Cando regresou a Hobart enfermou de novo e regresou a Inglaterra en marzo de 1853.
Animada polo bispo Francis Nixon, co que vivira en Hobart, publicou unha escolma de poemas titulada Lyra Australis, or Attempts to Sing in a Strange Land, editada en Londres en 1853 e en Hobart en 1854.Mead, Jenna (2006): Caroline Leakey, The Companion to Tasmanian History, Centre for Tasmanian Historical Studies.
En marzo de 1857 comezou a escribir a novela The Broad Arrow: Being Passages from the History of Maida Gwynnham, a Lifer, publicada con pseudónimo en Londres en 1859 e en Hobart en 1960.Caroline Woolmer Leaky , Index of Significant Tasmanian Women, Department of Premier and Cabinet, Government of Tasmania. The Broad Arrow está considerada un notable documento social, pois foi unha das primeiras novelas en incluír nos personaxes principais os convictos en Australia. Isto influíu na posterior For the Term of His Natural Life de Marcus Clarke. Tras a morte de Leakey a novela foi publicada en versión reducida, e a versión completa non foi reeditada até 2019.
En 1861 estableceu unha casa en Exeter para coidar das mulleres caídas"..
Notas
Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1881 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Poetas de Inglaterra Categoría:Poetas en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Exeter