Nieves Rodríguez Brisaboa, nada na Coruña en 1958, é catedrática en Linguaxes e Sistemas Informáticos. Foi recoñecida co Premio Nacional de Informática.
Traxectoria Licenciouse en psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid en 1979, doutorándose na Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en Informática na Universidade da Coruña e doutorouse na mesma universidade. Desde 2007 é catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade da Coruña.
Creou o Laboratorio de Bases de Datos considerado pola Xunta de Galicia como grupo de investigación de excelencia.
Forma parte da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas.
Recoñecemento
Premio Ada Byron do CPEIG en 2016 Premio Nacional de Informática en 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biblioteca Virtual Galega
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades da informática Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes