Sexismundo II Augusto de Polonia (en polaco: Zygmunt II August; en ruteno: Żygimont III Awgust I; en lituano: Žygimantas III Augustas I; en alemán: Sigismund II. August) nado en Cracovia en 1520 e finado en Knyszyn en 1572, foi rei de Polonia e gran duque de Lituania (1548-1572). Era fillo de Sexismundo I e da princesa Bona Sforza de Milán. Foi o derradeiro da súa dinastía e tras a súa morte, a Unión de Lublin converteuse nunha monarquía electiva.

Traxectoria Aceptou as reformas da Dieta (1562-1563), base do parlamentarismo polaco. Foi tolerante co calvinismo que se estendeu polo reino. En 1569 proclamou a unión de Polonia e Lituania nunha república común, a República das Dúas Nacións (en polaco Rzeczpospolita Obojga Narodów). A tolerancia relixiosa e o auxe cultural caracterizaron o seu reinado.

Tivo tres esposas: Sabela de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I. Bárbara Radziwiłł. Catarina de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I.

Con ningún destes matrimonios tivo descendencia; por este motivo, ó morrer, a coroa pasou a ser electiva.

Categoría:Nados en Cracovia Categoría:Nados en 1520 Categoría:Finados en 1572