Christian Dior, S.A. (máis coñecida como Dior) é un retallista de roupa francés, baixo control do grupo LVMH. A compañía foi fundada polo deseñador de moda Christian Dior.
Christian Dior, S.A. en si controla o 42% dos activos de LVMH, que leva outras marcas de roupa como Kenzo, Givenchy e Louis Vuitton.
A unidade operativa da compañía, Christian Dior Couture, deseña e elabora parte da máis codiciada alta costura do mundo, así como moda prêt-à-porter, roupa de cabaleiro e accesorios. Christian Dior funciona a través de cerca de 160 boutiques de todo o mundo con plans de seguir abrindo máis. A súa sede atópase en París, rue François 1er.
No 1996, John Galliano foi nomeado deseñador xefe de Christian Dior polo propietario da compañía, o grupo de luxo LVMH. Galliano foi primeiro suspendido e logo despedido en marzo de 2011 debido a un incidente que tivo lugar nun café parisiense no que o deseñador, ebrio, insultou a unha parella de xudeus, facendo afirmacións como "Amo a Hitler" ou "A xente como vostedes debería estar morta (...) todos deberían ter sido gaseados".
No 1998 adquiriu Gerbe Paris, un fabricante francés de calcetería arruinado. É unha das maiores partes do imperio de negocios de Bernard Arnault, unha das persoas máis ricas do mundo.
Películas A roupa de Dior foi utilizada en moitas películas. En Stage Fright, de Alfred Hitchcock, o vestiario do personaxe interpretado por Marlene Dietrich é da casa francesa. Tamén no 1963, Marisol luciu un deseño da firma Dior3 no filme Marisol rumbo a Río (cantando "Guajiras" na cuberta dun barco rumbo a Brasil). O deseño orixinal do traxe de Marisol, estilo flamenco, en realidade era branco. Posteriormente coséronlle un mantel vermello a cadros (de estampado de Vichy) para simular o mandil flamenco. Christian DiorFundación1947SedeParísPropietarioLVMH Moët Hennessy • Louis VuittonProdutosRoupa, maquillaxe, gafas, perfumes, bolsos de man, lencería, zapatos, calzado deportivo, roupa interior, jeans.Tipo de roupaPrêt-à-porterDesfila enParísDeseñadoresChristian Dior (1946-1957) Yves Saint Laurent (1957-1958), Marc Bohan (1958-1989), Gianfranco Ferré (1989-1997), John Galliano (1997-2011), Raf Simons (2012-2015), Maria Grazia Chiuri (2016)Christian Dior CoutureTipo de ropaCoutureDesfila enParísDeseñadoresChristian Dior (1946-1957) Yves Saint Laurent (1957-1958), Marc Bohan (1958-1989), Gianfranco Ferré (1989-1997), John Galliano (1997-2011), Raf Simons (2012-2015), Maria Grazia Chiuri (2016)Dior HommeTipo de roupaCabaleiroDesfila enParísDeseñadoresHedi Slimane (2001-2007) Kris Van Assche (2008-2018), Kim Jones (2018)
Categoría:Empresas de Francia Categoría:Empresas téxtiles