Esquece Monelos é unha película de xénero documental dirixida pola guionista Ángeles Huerta. O filme utiliza como metáfora o río de Monelos, na cidade da Coruña, para tratar o esquecemento dos lugares e as súas xentes debido ao crecemento urbanístico. A súa preestrea tivo lugar o 14 de decembro de 2016 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, esgotando todas as invitacións. Chegou ás salas o día 20 de outubro de 2017, acadando máis de 1.500 espectadores segundo o Instituto de las Ciencias y de las Artes Audiovisuales. Ademais, a obra proxectouse en diversos festivais e citas cinematográficas como o Play-Doc International Film Festival de Tui, converténdose no documental galego máis premiado do ano.

Argumento miniatura|Obras de canalización dun treito do río de Monelos no polígono de Pocomaco en 2014. O río Monelos é onde as lavandeiras de Oza lavaban a roupa ata a década de 1970. Estaba formado pola agrupación dos arroios de Eirís, Elviña, Castro, Ponte da Pedra, Martinete, Pastoriza, Morás e San Cristovo. Por razóns de salubridade, a comezos do século XIX ordenouse a desviación do río e dende 1965 iniciouse a súa canalización ata sepultalo baixo as rúas da cidade.

O río serve como fío condutor para facer un exercicio de memoria colectiva e individual sobre a expansión da cidade a través do testemuño dos seus habitantes. O resultado é un documental coral no que interveñen dende figuras políticas de finais do franquismo ata membros da comunidade xitana que tiveron que mudarse a outros barrios da cidade. Unha crónica sobre o desenvolvemento urbanístico que se pode extrapolar á historia recente de España.

Festivais e premios +AnoCategoríaPremio/FestivalReceptorResultado2017Mellor DocumentalPremios Mestre Mateo 2016Danga Danga Audiovisuais, S.L.N.E.Gañador2017Mellor Dirección de FotografíaPremios Mestre Mateo 2016Jaime PérezGañador2017Mellor MontaxePremios Mestre Mateo 2016Sandra SánchezGañador2017Mención Especial do XuradoDocumenta Madrid 2017Gañador2017ExhibiciónXIII Play-Doc International Film Festival Tui2018Mellor DocumentalPremios FerozFinalista2018Mellor PelículaXXXII Edición dos Premios GoyaDanga Danga Audiovisuais, S.L.N.E.Candidatura2018Mellor Dirección NovelXXXII Premios GoyaÁngeles Huerta GonzálezCandidatura2018Mellor Guión OrixinalXXXII Premios GoyaÁngeles Huerta González, Antón NúñezCandidatura2018Mellor Dirección de ProduciónXXXII Premios GoyaMarta Eiriz GallegoCandidatura2018Mellor Dirección de FotografíaXXXII Premios GoyaJaime Pérez FernándezCandidatura2018Mellor MontaxeXXXII Premios GoyaSandra SánchezCandidatura2018Mellor SonXXXII Premios GoyaManuel ManeiroCandidatura2018Mellor Película DocumentalXXXII Premios GoyaDanga Danga Audiovisuais, S.L.N.E.Candidatura

Notas

Categoría:Documentais galegos Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2016 Categoría:A Coruña