Germán Labrador Méndez, nado en Vigo o 3 de decembro de 1980, é un profesor, investigador e comisario de arte galego, especializado en historia cultural da España contemporánea.
Traxectoria Aínda que nacido en Vigo, a familia residiu en Pontevedra desde 1984, onde estudou o bacharelato no IES Valle-Inclán. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Románica na Universidade de Salamanca, especializándose en Literatura Española e Latinoamericana en Salamanca e na U. París IV-La Sorbonne, U. de Berkeley e a Universidade de Nova York. Poéticas e imaginarios de la transición española campo, discursos, fracturas é a súa tese de doutoramento na U. de Salamanca (2008), dirixida polo profesor Fernando Rodríguez de la Flor Adánez.
Comezou de profesor en España e na Universidade de Hamburgo. En 2008 pasou a exercer a docencia e investigación na Universidade de Princeton (EUA) no Departamento de Español e Portugués, sendo xa Professor en 2019 (en excedencia). Profesor vistitante en CUNY-The Graduate Center.
As súas investigacións céntranse na España Moderna e Contemporánea: poesía, movementos sociais e culturas urbanas, memoria histórica...; unindo estética e política busca recuperar voces e proxectos esquecidos da historia ibérica moderna. miniatura|294x294px|Germán Labrador, 2023 En Letras arrebatadas, Poesía y química en la transición española (2009) estuda un grupo de poetas clandestinos españois que utilizaron unha literatura ‘drogada’ na simbolización da experiencia histórica. Desde as utopías psicodélicas de 1968 ata a mortal propagación do consumo de heroína nos aos oitenta. En Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (2014) analiza os intentos das contraculturas españolas por superar a democracia de baixa intensidade post-franquista a través da biotecnoloxía e o activismo nos anos setenta. Comezou a preparar unha escolma de poetas antifranquistas, Muerto el perro, se acabó la rabia. 25 poetas de metro de la transición española e unha edición crítica de Los muertos de José Luis Hidalgo, poemas publicados na ditadura, que denuncian a existencia de fosas comúns no franquismo.
Leva publicado en numerosas revistas: Grial, Artes del ensayo: Revista internacional sobre el ensayo hispánico, Revista de letras y ciencias humanas, Revista hispánica moderna, Turia: Revista cultural, Kamchatka: revista de análisis cultural, HIOL: Hispanic Issues On Line, Hispanic review, Estudios humanísticos. Filología, Dieciocho: Hispanic enlightenment, CiberLetras: revista de crítica literaria y de cultura, Cuadernos del minotauro, Estudios portugueses: revista de filología portuguesa, Hesperia: Anuario de filología hispánica, Revista de Occidente... Tamén en El Diario en 2020.
Foi un dos comisarios da Exposición Poéticas de la democracia. Imágenes y contraimágenes de la Transición (2018-2019) no Museo Raíña Sofía de Madrid. Colaborou tamén na nova presentación da colección do museo, e na actualidade é Director de Actividades Públicas do mesmo. En 2023 comisariou as exposicións Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige (2002-2022) e El tragaluz democrático. Políticas de vida y muerte en el Estado español (1868–1975). En 2025 Ollos de vidro. As formas doutra Historia de Galicia, no Auditorio de Santiago, "unha mostra emocionante e singular que percorre, dun xeito orixinal, a historia recente do país". miniatura|Labrador en Nós Televisión.
Obra
Libros Letras arrebatadas, Poesía y química en la transición española (2009). Madrid: Devenir. 504 páxs. ISBN 978-84-96313-73-6. Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986) (2014). Madrid: Siglo XXI/Akal. 2ª ed. 2017. 672 páxs. ISBN 978-84-460-4431-4.
Colaboracións en obras colectivas e artigos (selección). Praestans labore Victor: homenaje al profesor Víctor García de La Concha (2005). Coord. por Javier San José Lera. ISBN 84-7800-490-4. Páxs. 309-326: "Mártires de Marte: las escrituras del ejército en la poesía transicional española". Literatura actual en Castilla y León: actas del II Congreso de Literatura Contemporánea (2005). Coord. por José María Balcells. ISBN 84-8183-146-8. Páxs. 398-405: "Primavera pródiga en Cicuta: parafarmacia, civilización y memoria en la obra poética de Aníbal Núñez". En teoría hablamos de literatura (2007). ISBN 978-84-96677-01-2. Páxs. 89-96: "Culpables por la literatura. Biopolítica de la lectura y quijotismo en la Transición Española" (Libro completo) La literatura, la iglesia y el reino de este mundo: estudios de literatura española contemporánea ( 2007). Coord. por Fidel López Criado. ISBN 84-9812-054-3. Páxs. 261-269: "El infierno de tu gloria. Mística y drogas en la poesía underground de la transición española". Lectores, ediciones y audiencia: la recepción en la literatura hispánica (2008). Coord. por María Cecilia Trujillo Maza. ISBN 978-84-96915-26-8. Páxs. 267-273: "Jóvenes, lectores y poetas en la España de 1975: la biblioteca de Aníbal Núñez". (Libro completo) Contornos de la narrativa española actual (2000-2010): un diálogo entre creadores y críticos (2011). Coord. por María del Palmar Álvarez Blanco, Toni Dorca. ISBN 978-84-8489-551-0. Páxs. 121-130: "Historia y decoro: Éticas de la forma en las narrativas de memoria histórica". El Quijote y la música en la construcción de la cultura europea (2018). Begoña Lolo (ed. lit.). ISBN 9788483446812. Páxs. 187-220: "Pinocho vuelto Quijote. El tercer centenario del Quijote y la moderna poética de la nación, a partir de la circulación española de la figura de Pinocho (1905-1923)". Memoria(s) en transición: voces y miradas sobre la Transición española (2018). Françoise Dubosquet Lairys (ed. lit.), Carmen Valcárcel (ed. lit.). ISBN 9788498952056. Páxs. 61-81: "Forma y memoria. La configuración del imaginario de la transición española y sus mutaciones estético-políticas". Carta (s). Economía libidinal de la transición (2018). Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía. 82 páxs. ISBN 9788480265850. (Contén unha conversa de Amador Fernández-Savater con Germán Labrador Méndez sobre o seu libro Culpables por la literatura (imaginación política y contracultura, 1968-1986).). "Que traballo común é a memoria. Arte e resistencia na Galiza de posguerra: unha introdución ao caso José Meijón" (2019), en Grial LVII, nº 222.
Exposicións comisariadas
Poéticas de la democracia. Imágenes y contraimágenes de la Transición. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, Madrid (2018). Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige (2002-2022). Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela; Pazo da Cultura, Pontevedra (2023). El tragaluz democrático. Políticas de vida y muerte en el Estado español (1868–1975). La Arquería, Madrid (2023). Esperpento. Arte popular y revolución estética. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, Madrid (2024). Con Pablo Allepuz, Rafael García, Beatriz Martínez, José A. Sánchez, Teresa Velázquez.
Ollos de vidro. As formas doutra Historia de Galicia, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (2025).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista en Juegodemanosmag.com Conferencia de Germán Labrador Méndez (23/11/2018). Vídeo.
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca