A controversia sobre a doazón de sangue de homes que teñen sexo con homes é a disputa sobre as prohibicións das doazóns de sangue ou de tecido para transplantes de órganos de parte de homes que teñen sexo con homes (HSH), unha categoría de homes que manteñen (ou mantiveron no pasado) relacións sexuais con outros homes, sen ter en conta se se identifican como bisexuais, gais ou doutra maneira. Ás restricións ós doantes chámaselle ás veces "postergacións", dado que os doantes de sangue que foron rexeitados poderían non selo noutra ocasión. Con todo, moitas postergacións son indefinidas, o que significa que a doazón podería non ser aceptada nunca, o cal supón unha prohibición de facto. As restricións varían dun país a outro, e nalgúns deles non se teñen en conta prácticas como o sexo con protección ou os períodos de abstinencia. As restricións non afectan só a estes homes, tamén nalgúns casos a calquera muller que fose parella sexual. Polo demais, non afectan a mulleres, nin sequera ás mulleres que teñen sexo con mulleres. A axencia estadounidense Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) sostén que a xanela de postergación dun ano está "apoiada pola mellor evidencia científica que hai dispoñible".
Moitas organizacións LGBT consideran que as restricións sobre a doazón están baseadas en homofobia e non nun problema médico lexítimo, xa que as doazóns sométense a probas rigorosas para excluír ós doantes que estean infectados con virus coñecidos como VIH, VPH, hepatites B e hepatites C. Tamén afirman que as postergacións baséanse en estereotipos. Os que propoñen unha restrición para sempre deféndena debido ó risco de que a análise produza un falso negativo e debido a que a poboación HSH de países desenvolvidos adoita ter unha maior prevalencia de infección de HIV/AIDS.Informe de UNAIDS 2006 sobre la epidemia de sida global, Capítulo 05 , xuño de 2006 O comité de asesoramento do goberno británico, SABTO, afirmou en 2013 que "se se lle permitise ós HSH doar sangue, o risco de transfusión de sangue infectado de VIH aumentaría". Con todo, en xullo do 2017, o goberno británico reduciu a xanela de postergación dun ano a tres meses, o cal entraría en vigor meses despois, como resultado das conclusións actualizadas do SABTO de que "os novos sistemas de análises eran precisos e os doantes eran bos no cumprimento das normas". Ademais, a organización inglesa NHS Blood and Transplant está a investigar a posibilidade de que os HSH, dependendo do nivel de risco, poidan doar mesmo sen a postergación de tres meses.
Os partidarios de cambiar as prohibicións ós HSH sinalan que a selección de doantes debería centrarse tanto no comportamento sexual como nas prácticas de sexo seguro xa que moitos HSH poden ter sempre sexo con protección, ser monógamos ou estar noutras categorías de baixo risco. Algúns grupos que están a favor de eliminar as restricións apoian un período de espera antes da doazón de sangue, cando se considera que o doante tivo un comportamento considerado de alto risco; e antes de ser usada, para que se adapte á xanela dos métodos de análises do banco de sangue. A pesar de que o VIH detéctase de forma fiable despois de entre 10 e 14 días con análises de ARN, hai métodos de análise máis antigos que só proporcionan unha precisión de até o 98% de casos positivos despois de tres meses.
Existe unha gran cantidade de medo residual á contaminación de hemoderivados como consecuencia dos escándalos de sangue contaminado, os cales causaron miles de mortes debido ó VIH e á hepatite C en pacientes que requiren transfusións de sangue.[cita requirida] O sangue contaminado pon ós hemofílicos nun risco enorme de mortalidade elevada, aumentando o risco de procedementos cirúrxicos comúns.
VIH/sida En moitos países desenvolvidos, o VIH é máis prevalente entre homes que teñen sexo con homes (HSH) que entre a poboación xeral.
Nos Estados Unidos en 2005, os HSH, os afroestadounidenses, e as persoas que participan en comportamentos heterosexuais de alto risco representan o 49%, o 49%, e o 32% dos novos diagnósticos de VIH, respectivamente.CDC HIV/AIDS Surveillance Report: HIV Infection and AIDS in the United States and Dependent Areas, 2005. En 2009, os afroestadounidenses representaron o 47.9% dos novos diagnósticos de VIH rexistrados ese ano neste país, a pesar de só representan aproximadamente o 12% da poboación.
Situación actual
Lista das posturas de distintos países sobre os doantes de sangue HSH miniatura|500x500px|Política de doazón de sangue para homes que teñen sexo con homes
1Sen restricións en Israel, Bélxica nin nos Estados Unidos se a última actividade HSH foi antes de 1977. miniatura|500px|Política de doazón de sangue para mulleres que foron parellas sexuais de homes que teñen sexo con homes
Esta lista amosa países que teñen restricións sobre os doantes de sangue. A maior parte de estándares nacionais requiren preguntar de forma directa sobre a historia sexual dos homes, pero a duración das postergacións varía dun país a outro.
País Postergación para os HSH Postergación para mulleres que foron parellas sexuais de HSH Ref(s) Criterios para la selección de donantes de sangre Chile drops blood donation ban for gays. Washington BladeNorma que regula el procedimiento de atención de donantes de sangreHistórico: Termina prohibición a gays, lesbianas y bisexuales para donar sangre en Chile Dinamarca permitirá ós homes gais doar sangue tras un período de postergación de 4 meses en 2019. Israel aplicou un período de postergación dun ano a partir de xaneiro de 2018. Malta permitirá ós homes gais doar tras un período de postergación de 6 meses en 2019. Desde maio de 2018, Taiwán permite á xente LGBT doar sangue de forma legal, debido a unha nova normativa de doazón de sangue, pero só tras un período de postergación de 5 anos. (excluding Northern Ireland)
Razoamento tras as restricións Os servizos sanguíneos deben asegurarse ante todo de que todo o sangue doado que recibiron sexa seguro para o seu uso nunha transfusión. Isto lógrase avaliando se os doantes potenciais teñen comportamentos de alto risco mediante cuestionarios e entrevistas antes de extraer o sangue e, posteriormente, analizando nun laboratorio as mostras do sangue doado.
Os servizos sanguíneos baséanse a miúdo na maior prevalencia estatística do VIH e da hepatite entre os HSH nos estudos de poboación para xustificar as súas prohibicións contra os HSH.
Nos primeiros anos da epidemia da sida, non había probas fiables para detectar o virus, polo que as prohibicións absolutas ás doazóns de sangue daqueles grupos cun risco alto de ter ou de contraer VIH, incluíndo HSH, estaban xustificadas. Estas restricións son similares ás restricións que hai hoxe en día en moitos países ás persoas que vivían no Reino Unido durante a epidemia da EEB ("enfermidade das vacas tolas") da década de 1980 e de principios e mediados da década de 1990, xa que non existen análise que permitan detectar a súa variante humana, a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJv).
En 1985, as primeiras probas que usaban o método ELISA buscaban anticorpos, é dicir, a resposta do sistema inmunolóxico ó virus. Con todo, cando se usa este método hai un período de xanela durante o cal unha persoa que está infectada de VIH é capaz de propagar a enfermidade a pesar de dar negativo na proba do virus. Este período de xanela pode durar de tres a seis meses, cunha media de 22 días. Aínda se usan análises baseadas en métodos ELISA en países desenvolvidos debido a ser altamente sensibles. En países en desenvolvemento, estas análises son a miúdo o único método dispoñible para detectar o VIH no sangue doado. Para facer fronte ó período de xanela inherente ó uso destas análises, avalíase tamén se os doantes teñen comportamentos de alto risco, un dos cales é un historial de actividade sexual con parellas do mesmo sexo, entre os doantes potenciais que sexan homes. Entre outros grupos con restricións semellantes atópanse os traballadores sexuais, os consumidores de drogas por inxección e a xente que vive en países cunha prevalencia de VIH elevada (como os da África subsahariana). Hai probas máis modernas que buscan o virus directamente, como a proba do antíxeno p24, que busca unha parte da superficie do virus, e as probas de amplificación de ácidos nucleicos (NAT), que buscan o material xenético do virus. Con estas análises, o período de xanela é máis curto, dunha duración media de 12 días. As probas combinadas de cuarta xeración de VIH son concluíntes tras 3 meses, e as probas de hepatite B son concluíntes tras 6 meses.
Tamén hai riscos asociados cos doantes que non son HSH e que dan positivo na proba do VIH, o que pode ter consecuencias moi importantes, xa que a última doazón do doante podería terse producido dentro do período de xanela das probas e podería entrar na subministración de sangue, coa posibilidade de infectar ós que reciben os hemoderivados. En Nova Zelandia en 2003 ocorreu un incidente no que un doante que non é HSH deu positivo na proba de VIH e como consecuencia houbo que retirar todos os hemoderivados feitos coa última doazón de sangue do doante, incluíndo 4 millóns de dólares neozelandeses en factor VIII, un factor de coagulación do sangue que se usa para tratar hemofílicos, e que se fabrica a partir de grandes cantidades de plasma doado, e causou despois escaseza a nivel nacional do factor VIII e a postergación de cirurxías non urxentes ós pacientes de hemofilia, custándolle ó sector da saúde millóns de dólares máis. A frecuencia potencial e o impacto destes incidentes pódese reducir ó excluír a aqueles que teñan un alto risco de estar expostos a enfermidades transmitidas a través do sangue, incluídos os HSH.
Críticas cara ás restricións En xeral os que se opoñen ás restricións, incluíndo a Asociación Médica Estadounidense e a Cruz Vermella estadounidense, baséanse na idea de que as melloras en análises e outras proteccións reduciron o risco de transmitir o VIH por transfusión a un nivel aceptable. É frecuente que haxa escaseza de sangue, e os que defenden o cambio das políticas indican que ó excluír a doantes sans só se empeora o problema. As reservas "ideais" deben ser polo menos dunha subministración para tres días, pero a moitos centros sanguíneos cústalles cumprir esta esixencia.
Os que propoñen cambios máis grandes baséanse no feito de que a prohibición é unha prohibición total que inclúe a todos os homes que tiveron sexo con outro home, con ou sen protección, e mesmo se se mostra de forma indiscutible que o estado serolóxico de VIH das parellas destes homes é negativo. Os que defenden o cambio sinalan que un home heterosexual promiscuo é un doante de maior risco que un home gai ou bisexual nunha relación monógama, pero aínda así a miúdo permitiráselle doar sangue. É máis, hai outras actividades de alto risco, como ter contacto sexual cunha persoa que use agullas para tomar drogas ou medicamentos que non sexan receitados polo seu médico, que teñen un período de postergación fixo antes de que o doante poida doar sangue, mentres que nalgúns países os doantes HSH teñen postergacións indefinidas. As mulleres doantes que tiveron contacto sexual con HSH reciben ás veces unha postergación temporal.
Tras un tiroteo masivo contra unha discoteca gai en xuño de 2016, houbo mostras de frustración e de desacordo por parte de homes gais e bisexuais, a quen se lles prohibiu doar sangue ás vítimas, e moitos activistas LGBT en todo o país e un grupo de lexisladores demócratas instaron a que se eliminase a prohibición. A FDA dixo máis tarde que non tiña plans para cambiar esta regulación e que avaliará as súas políticas "cando se publique nova información científica".
Activismo a favor da reforma das políticas cara ós doantes HSH
Activismo estudantil e docente nos campus No Canadá
A asociación de alumnos da Universidade de Carleton en Ottawa, Ontario votou en 2012 a favor de manter a prohibición nas clínicas sanguíneas do campus.