miniatura|Orfos da SIDA en Malawi. Un orfo da SIDA é un neno que se converteu en orfo ó morrer un ou ambos pais de SIDA.

Segundo estatísticas do Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA), a Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), o termo aplícase a un neno cuxa nai morreu a causa da SIDA antes do 15º aniversarios do neno, sen ter en conta que o pai permaneza aínda vivo.UNAIDS.org PDF Como consecuencia desta definición, un estudo estimou que o 80% de todos os orfos da SIDA aínda teñen un proxenitor vivo.

Cada ano, 70.000 novos nenos convértense en orfos da SIDA, e prevese que para o ano 2010 máis de 20 millóns de nenos sexan orfos debido a esta causa.

Posto que a SIDA afecta principalmente a aqueles que son sexualmente activos, as mortes relacionadas coa SIDA afectan a miúdo a persoas que, mediante os seus salarios, constitúen o principal sustento da economía familiar. Consecuentemente, os orfos da SIDA frecuentemente dependen do Estado para o seu coidado e manutención, particularmente en África.

O número máis alto de orfos a causa da SIDA en 2007 atopábase en Suráfrica (aínda que a definición de orfos da SIDA nas estatísticas de Suráfrica inclúe ós nenos até a idade de 18 anos que perderon a un dos pais biolóxicos). En 2005 o número máis alto de orfos da SIDA, medido en porcentaxe sobre o número total de orfos, localizábase en Zimbabue.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de temas relacionados coa SIDA Student Initiative Rahel, un proxecto educativo que traballa con mozos desfavorecidos como orfos da SIDA xunto co proxecto OVC para Adigrat e para a rexión de Tigray, Etiopía

Ligazóns externas AIDS Orphan Resources Around the Globe !Nam Child Wiki (Namibian Wiki on Children)

Categoría:SIDA Categoría:Familia