Mozart in the Jungle é unha serie de televisión estadounidense desenvolvida por Roman Coppola, Jason Schwartzman, Alex Timbers e Paul Weitz para o servizo de vídeo baixo demanda Amazon Video.

A historia está inspirada no libro de 2005 da oboísta Blair Tindall Mozart in the Jungle: Sex, Drugs, and Classical Music, no que narra as súas memorias como oboísta profesional en Nova York tocando coa New York Philharmonic e orquestras de espectáculos de Broadway shows. Unha das personaxes principais é Rodrigo, encarnado por Gael García Bernal, unha personaxe baseada no director de orquestra Gustavo Dudamel, xunto con Lola Kirke, Malcolm McDowell, Saffron Burrows, Hannah Dunne, Peter Vack, e Bernadette Peters.

O día 6 de abril de 2018 Amazon confirmou o final da serie logo da cuarta tempada estreada en febreiro dese mesmo ano.

Elenco e personaxes Personaxes principais

Nome Representado por OcupaciónTempadas1 2 3 4 Hailey Rutledge Lola Kirke Talentosa oboísta que quere tocar na Orquestra Sinfónica de Nova York e que ao longo da serie establece un forte vínculo co director Rodrigo De Souza. colspan="4" Rodrigo De Souza Gael García Bernal O novo director da Orquestra Sinfónica de Nova York. Ao longo da serie establece un forte vínculo coa oboísta Hailey Rutledge. colspan="4" Gloria Windsor Bernadette Peters Presidenta da Orquestra Sinfónica de Nova York. colspan="4" Thomas Pembridge Malcolm McDowell O director emérito da Orquestra Sinfónica de Nova York. colspan="4" Cynthia Taylor Saffron Burrows Violonchelista da Orquestra Sinfónica de Nova York. colspan="4"

Personaxes secundarios Nome Representado por Ocupación Elizabeth "Lizzie" Campbell Hannah Dunne Compañeira de piso e mellor amiga de Hailey Rutledge. Alex Merriweather Peter Vack Bailarín, parella de Hailey durante as dúas primeiras tempadas. Betty Cragdale Debra Monk Oboísta da Orquestra Sinfónica de Nova York dende hai moito tempo, que de inmediato despreza a Hailey. Union Bob Mark Blum Frautista piccolo na orquestra e sindicalista que logo do peche patronal da orquestra compaxina o seu traballo na mesma co de condutor de Uber. Sharon Jennifer Kim Primeira asistente de Rodrigo. Warren Boyd Joel Bernstein Concertino da orquestra. Anna Maria Nora Arnezeder Violinista e exmuller de Rodrigo. Dee Dee John Miller Percusionista da orquestra que tamén subministra fármacos e drogas ao resto de integrantes. Triangle Tanya Rubio Qian Percusionista da orquestra encargada de tocar o triángulo. Edward Biben Brennan Brown Membro da xunta da orquestra. Nina Robertson  Gretchen Mol Avogada dos músicos da orquestra durante a crise laboral que acaba namorándose de Cynthia. Addison Makenzie Leigh Bailarina, compañeira de baile e de piso de Alex. Claire Margaret Ladd Exmuller de Thomas que morre logo de escoitar a súa sinfonía completa. Bradford Sharpe Jason Schwartzman Amante da música clásica e propietario do seu propio podcast, "B-Sharpe". Mantén durante algún tempo unha relación coa mellor amiga de Hailey, Lizzie Campbell. Marlin Guggenheim John Hodgman Un presunto multimillonario namorado de Hailey. Winslow Elliott Wallace Shawn Pianista concertista neurótico. Manuel Tenoch Huerta Mejía Amigo da infancia de Rodrigo. Andrew Walsh Dermot Mulroney Solista de violonchelo que confraterniza con Hailey. Alessandra Monica Bellucci Unha soprano italiana que vive en Venecia. Alcumada "La fiamma", retirouse da música, aínda que Rodrigo a persuade para que volva cantar. Ana María Martínez Voz de Alessandra ao cantar. Pavel Sandro Isaack Membro do persoal da orquestra que mantén unha breve relación con Gloria. Mike Margusa Philip Jackson Amigo de Hailey a quen ela recruta para traballar na orquestra. Sebastian Christian Coulson Membro da orquestra de Andrew Walsh que posteriormente convértese en membro da orquestra de Hailey e trasládase ao piso desta. Shawn Cole Escola Compañeiro de piso de Hailey e membro da súa orquestra que se acaba convertendo no mozo de Sebastian. Mozart Santino Fontana Visión de Mozart coa que Rodrigo adoita falar na súa imaxinación. Liberace David Turner Substitúe como visión de Rodrigo a Mozart durante un breve período de tempo.

Cameos A serie foi tamén coñecida por incluír cameos de destacadas personalidades da música clásica como Gustavo Dudamel, o pianista chinés Lang Lang, a compositora estadounidense Caroline Shaw, o violinista Joshua Bell, ou o tenor español Plácido Domingo.

O primeiro capítulo da segunda tempada, titulado "Stern Papa" contou coa presenza do director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel como membro do equipo técnico nun concerto que a Sinfónica de Nova York ofrece nos Ánxeles. Tamén nesa mesma tempada, no cuarto episodio, titulado "Touché Maestro, Touché", aparecen o violinista estadounidense Joshua Bell, o pianista Emanuel Ax, e o tamén pianista chinés Lang Lang facendo deles mesmos. Joshua Bell aparece novamente no episodio "Creative Solutions For Creative Lives", o noveno da terceira tempada, como reforzo para a orquestra que dirixe Hailey.

O compositor estadounidense Nico Muhly aparece en "The Modern Piece",o segundo episodio da terceira tempada encarnándose a si mesmo. No quinto episodio da terceira tempada aparece o tenor español Plácido Domingo interpretando un duetto con "La Fiamma", interpretada por Monica Bellucci, que tamén aparece nos catro episodios anteriores encarnando á diva italiana ficticia.

En "Significant Lover", o terceiro episodio da quinta tempada, aparece a compositora estadounidense Caroline Shaw encarnándose a si mesma. Tamén na cuarta tempada, no noveno episodio ("I Want You To Think Of Me") a cantante rock Joan Jett interprétase a si mesma.

Tempadas

Recepción A primeira tempada da serie recibiu comentario positivos por parte da crítica. O agregador de recensións Rotten Tomatoes deulle á serie unha porcentaxe do 95%, 'fresh', baseado en 20 críticas, co consenso da crítica "Aínda que confinado ao mundo illado da música clásica, en Mozart in the Jungle Gael García Bernal fai cantar este pequeno e encantador espectáculo". Metacritic puntuou a serie cun 73 sobre 100, indicando 'críticas xeralmente favorables'. Cory Barker, escribindo para TV.com, eloxiou a serie: "O que funciona tan ben é que Mozart non ten medo de botarte nun mundo no que probablemente non esteas familiarizado, mais non chega tan lonxe no extremo profundo que inmediatamente te somerxes na xerga e apostas dramáticas distanciadas". Robert Lloyd, para The Los Angeles Times, tamén eloxiou a primeira tempada, afirmando que "As personaxes que foron portavoces de actitudes comezan a parecer persoas, máis complicadas do que unha descrición en miniatura pode prover. Interésaste no que será delas sen agardar ou alentar ningún resultado particular". Kory Grow, de Rolling Stone, tamén eloxiou a serie, escribindo que "grazas aos guións extravagantes e un elenco de actores intelixente... resulta fantástica sen soar fora de ton."

Tim Goodman, de The Hollywood Reporter, tamén lle deu á primeira tempada unha crítica positiva. "Bernal é agradable e magnético, e fai que o maestro ecléctico apareza na pantalla. El só vale para transmitir a serie, mais, afortunadamente, hai moitas máis cousas nela". Brian Lowry, escribiu para Variety, tamén gabando a serie: "Se ben Mozart é sen dúbida unha confección de nicho, o programa xeralmente brilla ao demostrar moito encanto mesmo cando non hai moitas risas". Nunha crítica máis variada, Jeff Jensen de Entertainment Weekly deulle á serie un B-.

Crítica Se ben a crítica con mentalidade social eloxiou o pulo da serie pola equidade de xénero, a orquestra case totalmente integrada por persoas brancas e o elenco principal recibiron críticas de parte do NPR por ser pouco realista, dada a prevalencia de músicos do leste de Asia nas orquestras da vida real.

Premios Ano Premio Categoría Nomeadas/os Resultado Ref.2015Imagen Foundation AwardsMellor Actor - TelevisiónGael García Bernal2016Premios Globo de OuroMellor Serie de Televisión - ComediaMozart in the JungleMellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou ComediaGael Garcia BernalPremios Primetime EmmyOutstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and AnimationThomas Varga, Andy D'Addario, Bill Higley, Chris Navarro (por "Nothing Resonates Like Rhinoceros Foreskin")Imagen Foundation AwardsBest Actor - TelevisionGael García Bernal2017Premios Globo de OuroMellor Serie de Televisión - ComediaMozart in the JungleMellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou ComediaGael Garcia BernalPremios Primetime EmmyOutstanding Cinematography for a Single-Camera Series (Half-Hour)Tobias Datum (por "Now I Will Sing")Outstanding Production Design for a Narrative Program (Half-Hour or Less)Tommaso Ortino, Susanna Codognato, Letizia Santucci (por "Now I Will Sing")Outstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and Animation Andy D'Addario, Gary Gegan, Marco Fiumara (por "Now I Will Sing")

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial en Amazon.com

Mozart in the Jungle en TV Guide

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018