William Ewart Gladstone, nado en Liverpool o 29 de decembro de 1809 e finado en Hawarden o 19 de maio de 1898, foi un político liberal británico. Primeiro foi membro da Cámara dos Comúns e despois ocupou varios cargos no goberno. Foi líder do Partido Liberal nos períodos de 1866-1875 e 1880-1894, e chegou a ser Primeiro Ministro do Reino Unido en catro ocasións: de 1868 a 1874, de 1880 a 1885, en 1886, e de 1892 a 1894.

Foi un dos estadistas máis célebres da época vitoriana, rival de Disraeli, e aínda está considerado un dos máis importantes primeiros ministros que tivo o Reino Unido; Winston Churchill citábao como inspirador.

Traxectoria Gladstone procedía dunha familia adiñeirada, o que lle permitiu educarse no Eton College e en Oxford. Os seus primeiros pasos na política deunos en 1832 como deputado do partido conservador, entón chamado Partido Tory, no goberno bipartidista durante a época vitoriana, mais anos máis tarde deixou de ser conservador para unirse ao liberalismo (Whig), situándose a favor do libre cambio e achegándose máis á Igrexa.

De 1843 a 1845 foi ministro de comercio, e de 1845 a 1846 ministro das Colonias durante o mandato de Robert Peel, o líder da ala liberal dos conservadores. Trala morte deste, chegou a ser ministro de facenda e aproveitou para impulsar a liberación do comercio exterior durante os gobernos de Aberdeen, de 1852 a 1855, e Palmerston, de 1859 a 1865. Ese ano foi determinante para a historia política británica, xa que trala morte de Palmerston se produciu un realiñamento de partidos, fusionándose o Tory e o Whig ao Partido Liberal, e sobre todo, polo definitivo paso de Gladstone como esquerdista, ao converterse no líder de devandito partido. En 1868 convirteuse en primeiro ministro, cargo que ocupou ata 1874. Dende 1880 a 1885 volveu encabezar o gabinete, repetindo en 1886 e dende 1892 a 1894. Entre os seus labores máis importantes destacou a reapertura do exército e das universidades, suprimindo prexuízos relixiosos e privilexios económicos. Tamén estendeu o sistema de oposicións para o acceso á función pública, formou o sistema educativo, e en 1872 introduciu o voto secreto.

A crise agrícola de finais do século XIX levouno a aceptar a adquisición forzosa de novos mercados, tendo que ir en contra das súas ideas contrarias ao imperialismo.Paul Hayes, Modern British Foreign Policy: The Twentieth Century: 1880–1939 (1978) páx. 1 Isto foi o que provocou a ocupación de Exipto en 1882 e a entrada no Sudán en 1885.

Ditou as Leis da Terra (1870 e 1881) e a Lei de prevención de crimes de 1882 para reprimir a violencia nacionalista que colapsaba Irlanda, mais como isto non foi suficiente, impulsou o proxecto de lei Home Rule en 1886 que implicaba para este país un parlamento autónomo. Este proxecto non foi aprobado polos liberais unionistas, que pasaron ao partido conservador liderados por Joseph Chamberlain. O autogoberno de Irlanda e a oposición ao imperialismo na política exterior provocaron que fose postergado nas seguintes eleccións. Dimitiu en 1894,Magnus, páx. 423. retirándose da política despois de que a Cámara dos lords vetase o seu último proxecto de Home Rule para Irlanda, aprobado nos Comúns. Foi sucedido por Lord Salisbury, que fora o seu rival dende a morte de Benjamin Disraeli.

En 1885 declinou a oferta dun condado que lle fixo a raíña.Brook Miller, "Our Abdiel: The British Press and the Lionization of 'Chinese' Gordon." Nineteenth-Century Prose 32.2 (2005): 127+ online .

Gladstone faleceu o 19 de maio de 1898 en Hawarden Castle, Hawarden, aos 88 anos. Foi coidado pola súa filla Helen que renunciara ao seu traballo para ocuparse do seu pai e da súa nai.Sheila Fletcher, ‘Gladstone, Helen (1849–1925)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004; edición en liña, maio de 2006 consultado o 10 de marzo de 2017

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bebbington, D.W. William Ewart Gladstone (1993). Biagini, Eugenio F. Gladstone (2000). Brand, Eric. William Gladstone (1986) . Feuchtwanger, E.J. Gladstone (1975). 272 pp. Feuchtwanger, E.J. "Gladstone and the Rise and Fall of Victorian Liberalism" History Review (Dec 1996) v. 26 online ; also online Jagger, Peter J., ed. Gladstone (2007), 256 pp. Jenkins, Roy. Gladstone: A Biography (2002) Magnus, Philip M. Gladstone: A biography (1954) Matthew, H.C.G. "Gladstone, William Ewart (1809–1898)", Oxford Dictionary of National Biography, (2004; edición en liña, maio de 2006. Matthew, H.C.G. Gladstone, 1809–1874 (1988); Gladstone, 1875–1898 (1995) online complete volume I; volume II, volume III vía Internet Archive. Partridge, M. Gladstone (2003) . . Russell, Michael. Gladstone: A Bicentenary Portrait (2009). Shannon, Richard. Gladstone: Peel's Inheritor, 1809–1865 (1985), ; Gladstone: Heroic Minister, 1865–1898 (1999), , a scholarly biography vol 1 online

Ligazóns externas Mr. Gladstone (character sketch by W.T. Stead, en Review of Reviews, 1892). More about William Ewart Gladstone en páxina web de Downing Street. William Ewart Gladstone 1809–98, biografía de Liberal Democrat History Group. BBC Radio – Programme Two contains a recording of Gladstone's voice.

Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Nados en 1809 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Primeiros ministros do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Directores da Royal Mint