Alda Ferreira Pires Barreto de Lara Albuquerque, nada en Benguela o 9 de xuño de 1930 e finada en Cambambe o 30 de xaneiro de 1962, foi unha poeta portuguesa de orixe angolana, coñecida como Alda LaraMargaret Busby (ed.), Daughters of Africa: An International Anthology of Words and Writings by Women of African Descent from the Ancient Egyptian to the Present, Londres: Jonathan Cape, 1992; Vintage, 1993..
Traxectoria
Foi irmá do poeta Ernesto Lara Filho. Recibiu unha educación cristiá. Foi a unha escola feminina en Sá da Bandeira, e despois mudouse a Lisboa, onde concluíu os estudos secundarios. Estudou Medicina na Universidade de Lisboa e a Universidade de Coímbra. Residiu na Casa dos Estudantes do Império (CEI), e colaborou nas actividades do centro. En 1961 regresou a Angola.
Comezou a publicar na revista literaria Mensagem, centrada nas colonias africanas. Despois colaborou en Jornal de Benguela, Jornal de Angola e ABC e Ciência. A súa obra foi coñecida despois da súa morte, logo de ser publicada polo seu marido, o escritor de orixe mozambicana Orlando Albuquerque., con quen tivo catro fillos. A súa obra fala da maternidade e dos seus nenos, así como da liberdade e a xustiza. Boa parte da súa poesía reflicte a insatisfacción co status quo colonial do Imperio portugués.
Despois da súa morte, o concello de Sá da Bandeira (actual Lubango) instituíu o Premio Alda Lara de poesía.
Obra publicada Poesía Poemas (1966, Publicações Imbondeiro) Poesia (1979, União dos Escritores Angolanos) Poemas (1984, Vertente Ltda). Poemas completos
Contos Tempo de chuva (1973, Lobito)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vida e obra de Alda Lara: apresentação crítica, seleção, notas e linhas de leitura da poesia de Alda Lara
Categoría:Escritores de Angola Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados na provincia de Benguela Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra Categoría:Personalidades sen imaxes