Hiraeth (pronunciado [hiraɪ̯θ]) é un concepto galés de nostalxia polo fogar. "Hiraeth" é unha verba galesa que non pode ser completamente traducida, que quere dicir máis que soamente "perder algo" ou "nostalxia da casa". Implica o significado de perder un tempo, unha era ou unha persoa, incluída a nostalxia polo que poida que xa non exista. Asóciase coa lembranza agridoce de botar de menos algo ou alguén, mentres se agradece a súa existencia. Tamén se pode usar para describir un anhelo por unha patria, potencialmente a dos devanceiros, onde nunca estiveras. Do mesmo xeito, os sinónimos córnico e bretón son ‘hyreth’ e ‘hiraezh’; galés, córnico e bretón comparten raíces lingüísiticas. ten grandes semellanzas cos conceptos portugués e galego da saudade (tema central da música de fado), coa morriña galega, coa romanesa , co escocés, coa (тоска) rusa, co alemán e o () etíope.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Hiraeth Smith College: Kahn Liberal Arts Institute BBC Wales - Arts - Hiraeth Homesickness for a Place That Doesn't Exist

Categoría:Lingua galesa Categoría:Cultura de Gales Categoría:Cultura de Cornualla