Vicente González Losada, nado o 8 de xaneiro de 1887, foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, obtendo o grao en 1909.El Correo de Galicia, 17-6-1909, p. 2. Colaborou en El Eco de Santiago. Aprobou as oposicións en 1910 e foi mestre de Leiro dende esa data.El Eco de Santiago, 4-11-1910, p. 2. En Leiro dirixiu o periódico La Voz del Labrador (1913-1914). En 1933 trasladouse á Escola Concepción Arenal da Coruña. Vida persoal
Casou en Ourense coa tamén mestra Olimpia Vázquez Gutiérrez en 1925.Vida Gallega, 30-5-1925, p. 37. Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1887