Eligio Vila Vázquez, nado en Lantaño, Portas, o 1 de xaneiro de 1943, é un compositor e profesor de música galego.Entrada “Vila Vázquez, Eligio” na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Traxectoria Comezou os seus estudos con José Laguarta e logo continuou Conservatorio Profesional de Pontevedra. Posteriormente continuou no Superior de Vigo, e desta institución pasaría ó Conservatorio da Coruña, ata acadar o título de profesor superior de harmonía, contrapunto, composición e instrumentación en Madrid.
Adicouse á ensinanza e foi profesor de EXB, e posteriormente, director da Academia Municipal de Música de Vilagarcía de Arousa.
Obras Variaciones para orquesta, Op. 1 (1993). Secuencias (Nocturno) (1994). a orquestración de Sinfonía africana pangeia (1998). Cantos y ritmos salvajes (1998). Sinfonietta.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Portas Categoría:Nados en 1943 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Compositores de Galicia