Tethytheria (tetiterios) é un clado de mamíferos que inclúe os actuais sirenios e proboscídeos, así como a orde extinta dos Embrithopoda.[paleobiodb.org/classic/checkTaxonInfo?a=checkTaxonInfo&taxon_no=64963 Tethytheria] na Paleobiology Database. Consultado en abril de 2013.

Aínda que existe un forte apoio de estudos anatómicos e moleculares que permite considerar o clado Tethytheria como monofílico, as interrelacións entre os taxons incluídos nel seguen sendo discutidas. Os tetiterios comparten varias características, como órbitas oculares dirixidas á parte anterior e dentes das meixelas máis ou menos bilofodontos (con dobres cristas transversais nas coroas do dente). Os Proboscidea e Sirenia están ligados entre si polas súas características auditivas nos seus ósos petrosos, pero esta ligazón podería ser unha homoplasia. Os desmostilios, tradicionalmente considerados tetiterios, foron provisoriamente asignados aos Perissodactyla, xunto coa familia do Eoceno temperán Anthracobunidae, que era considerada un grupo irmán dos Tethytheria.

Pénsase que Tethytheria evolucionou a partir de primitivos mamíferos ungulados ("condilartos") nas costas do antigo océano de Tetis, de onde vén o nome de Tethytheria, 'bestas do Tetis'.

Sistemática Cladograma modificado a partir de e .

Clasificación Clasificación modificada a partir de . Suborde Tethytheria Infraorde †Embrithopoda †Phenacolophidae †Arsinoitheriidae Infraorde Sirenia †Prorastomidae †Protosirenidae (Dugongidae?) Dugongidae Trichechidae Infraorde Proboscidea †Phosphatheriidae (Numidotheriidae?) †Numidotheriidae †Moeritheriidae †Barytheriidae †Deinotheriidae †Palaeomastodontidae †Phiomiidae †Hemimastodontidae †Mammutidae †Gomphotheriidae Elephantidae

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Mamíferos