Os amháricos (en , Āmara; en , ʾÄməḥära) son un grupo étnico semita que habita tradicionalmente nas terras altas da zonas norte e central de Etiopía, particularmente en Adís Abeba e a rexión de Amhara. Segundo o censo nacional de 2007, os amháricos representaban 19 867 817 de persoas, o cal supón o 26,9% da poboación de Etiopía. A maioría deles pertence á Igrexa etíope tewahedo. Tamén existen comunidades de expatriados amháricos, particularmente en América do Norte. Falan o amhárico, unha lingua afroasiática da póla semítica e membro do grupo de linguas etiópicas, que é a lingua oficial de Etiopía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Wolf Leslau e Thomas L. Kane, Amharic Cultural Reader. Wiesbaden: Harrassowitz 2001. . Donald N. Levine, Wax & Gold: Tradition and Innovation in Ethiopian Culture (Chicago: University Press, 1972)
Categoría:Grupos étnicos de Etiopía