Natalia Lema Otero, nada en Baíñas (Vimianzo) en 1999, é unha escritora galega.

Traxectoria

Lema Otero leva escribindo e publicando dende os dezaseis anos. O seu primeiro libro, Baos, fala da diáspora producida polo encoro da Fervenza hai máis de medio século.

O seu segundo libro, Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte, é un manual que afonda nos perigos intrínsecos do sector primario, especialmente os envorcos de tractor e os accidentes por atrapamento con toma de forza.

No 2021, editou o seu primeiro poemario, Do amor e o delirio, con prólogo de Xusto López Carril.

Ten o recoñecemento de honra do Club Rotary Interact de Fernández (Arxentina) polo seu activismo a prol da erradicación da enfermidade da polio.

É columnista de La Voz de Galicia na edición de Carballo.Natalia Lema en La Voz de Galicia.

Recoñecementos 1º Premio Avelino Díaz (2017 e 2019) 3º Premio Avelino Díaz (2018) 1º Premio Terras de Chamoso- Poesía (2017) 1º Premio do XXV Certame de Poesía Concello de Cambre (2018) Membro de Honra do Club Rotary Interact de Fernández (2017) Premio Literatas (2019) 1º Premio Territorio Vákner: Contos de misterio no Camiño (2022) Áccesit V Premio Avelino Díaz (2022) 1º Premio Terras de Chamoso-Poesía (2022) 2º Premio Territorio Vákner: Contos de misterio no Camiño (2023) 2º Premio Xuventude Crea en categoría de Poesía (2023) 2° Premio Avelino Avelino Díaz (2024) 2° Premio Territorio Vákner: Contos de misterio no Camiño (2024) 1º Premio XIX Certame de Poesía Antón Zapata (2025) 1º Premio III Edición Certame de Relato Breve Ecos da Mente- Concello de Ribeira e Asociación A Creba (2025) 1º Premio XX Certame de Poesía Antón Zapata (2026), ex aequo con Jonatan Jorge Guille e Xurxo M. Rodríguez Baña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista a Natalia Lema, en Voces do Barbanza

Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1999 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega