As fervenzas do Nilo Azul (en ; que quere dicir "auga fumegante") son unhas fervenzas que se atopan no río Nilo Azul, en Etiopía. Atópase no curso alto do río, a uns 30 km da vila de Bahir Dar e do lago Tana. As fervenzas son unha das atraccións turísticas máis coñecidas de Etiopía.

Atópanse a unha altura de 37 a 45 metros, constan de catro correntes de auga que orixinalmente na estación chuviosa chegaban a facer 400 metros de ancho pero con moi pouca auga na estación seca. A regulación do lago Tana reduce a variación estacional e dende o ano 2003 unha central hidroeléctrica recolle gran parte do seu caudal, agás durante a estación chuviosa.Matt Philips and Jean-Bernard Carillet, Ethiopia and Eritrea, third edition (n.p.: Lonely Planet, 2006), p. 118 As fervenzas do Nilo Azul illan a ecoloxía do lago Tana do resto do río Nilo e danlle endemismos á fauna do lago."526: Lake Tana" , Freshwater ecosystems of the world website (consultado o 11 de novembro de 2009)

A curta distancia augas abaixo das fervenzas construíuse a primeira ponte de pedra de Etiopía por parte do Emperador Susenyos no ano 1626. Segundo Manuel de Almeida, a pedra de construción atopouse no afluente Alata, e os expertos construtores proviñan da India con Afonso Mendes, sendo o supervisor das obras o Patriarca Ortodoxo de Etiopía.C.F. Beckingham and G.W.B. Huntingford, Some Records of Ethiopia, 1593-1646 (Londres: Hakluyt Society, 1954), pp. 26f

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lago Tana

Categoría:Fervenzas de Etiopía Categoría:Río Nilo