Olimpia Vázquez Gutiérrez, nada en Ourense o 30 de xaneiro de 1893,Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933 foi unha mestra galega.
Traxectoria
Filla de xastres. Ingresou nos estudos aos quince anos no Colegio Modelo de Ángel Ferrín, fixo catro cursos combinando opción libre e oficial e a reválida de Maxisterio na Escola Normal de León en 1911.La Correspondencia Gallega, 9-10-1911, p. 2. Obtivo o título de mestra superior na Escola Normal de Pontevedra en 1913.El Correo de Galicia, 2-10-1913, p. 1. Aprobou as oposicións ao maxisterio en 1914. Foi mestra de Partovia e en 1915 mediante permuta trasladouse a Esgos.El Magisterio Español, 11-12-1915, p. 12. En 1934 trasladouse á Escola Concepción Arenal da Coruña por consorte. En 1940 foi sancionada coa suspensión de soldo por dez meses.El Compostelano, 8-6-1940, p. 2. Cando se reincorporou foi mestra de Pontedeume e en 1946 trasladouse a Cabovilaño (A Laracha).
Vida persoal
Casou en Ourense co tamén mestre Vicente González Losada en 1925.Vida Gallega, 30-5-1925, p. 37. Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1893 Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes