A hipotaurina é un ácido sulfínico que funciona como intermediario na síntese de taurina. Igual que a taurina, tamén actúa como neurotransmisor endóxeno a través dos receptores de glicina.Kalir, Asher; Kalir, Henry H. "Biological activity of sulfinic acid derivatives" in Chemistry of Sulphinic Acids, Esters Their Derivatives Edited by Patai, Saul. Wiley, New York, 1990, pp. 665. É un osmólito con propiedades antioxidantes.
A hipotaurina deriva da cisteína (e homocisteína). En mamíferos, a biosíntese de hipotaurina a partir de cisteína ocorre no páncreas. Na vía da ácido cisteína-sulfínico, a cisteína oxídase primeiro ao seu ácido sulfínico, en reacción catalizada polo enzima cisteína dioxixenase. O ácido cisteína-sulfínico, á súa vez, é descarboxilado pola sulfinoalanina descarboxilase para formar hipotaurina. A hipotaurina é oxidada enzimaticamente rendendo taurina pola hipotaurina deshidroxenase.
miniatura|esquerda|A hipotaurina (3) é un intermediario na conversión da cisteína (1) en taurina (4).|500px
Notas
Categoría:Aminas Categoría:Ácidos sulfínicos