A noite vai coma un río é unha obra dramática de Álvaro Cunqueiro publicada en 1974 (e 2003) por Galaxia e reeditada pola mesma editorial na Obra en galego Completa I (1980). Xa fora publicada en 1965 no número 10 da revista Grial.

En 1974 engádese un monólogo de dona Inés. Foi escrita para figurar nunha primeira versión en galego do que logo sería a novela en castelán Un hombre que se parecía a Orestes, na que se dan algúns anacos.

Contido Peza dramática nun prólogo e dúas xornadas, divididas en cinco cadros e un epílogo.

Dramatis personae: O correo, El Rei, O músico, O Capitán, O Morto, O Mendiño, Ana Modesta, Dona Inés, Liria, Alcántara, A Viúva; Mulleres, soldados, xentes que van e veñen, A noite

O asunto pasa nun país moi lonxe.

Prólogo No Paso de Valverde, na torre de dona Inés.

Ana Modesta e outras mulleres dialogan sobre os soldados e a guerra. Despois Ana Modesta fala co Correo sobre as cartas de amores que non chegan a dona Inés. O Correo méntelle a dona Inés sobre o cabaleiro de Florencia.

Primeira xornada Entra o Músico que dialoga con Ana Modesta e logo con dona Inés sobre o amor. Logo o Correo trae a El Rei e ponlle os ollos de vidro. El Rei quéixase de ser viúvo, de ser casado de neno e de no coñecer o amor, de que as mulleres suspiren polo Capitán, que é seu criado. Falan de amor o Capitán e dona Inés:

Segunda xornada No xardín da Torre de Paso Valverde

Vén a Viúva co seu marido morto facendo camiño para o enterrar. Descóbrense outras amantes do xastre morto, a viúva reclama ser a oficial. E dona Inés aparece ser a súa amada secreta por cartas.

Dona Inés fai un longo pranto polo xastre morto, que é un pranto por si mesma, pola ausencia de amor:

Entra o Mendiño que fala dos seus soños con dona Inés. Ela quéixase de que lle matan os seus amores nada máis nacer e tenta aferrarse ao Mendiño.

Epílogo Unha noite pecha na fraga de Esmorís.

El Rei, o Capitán, o Correo, a Viúva, as mulleres buscan na noite o Camiño Real. Pasa dona Inés cunha rosa na man:

Significado Segundo Laura Tato Fontaíña: ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Coru%C3%B1a,_praza_do_Humor_01-02a.JPG|miniatura|Praza do Humor (antigamente praza dos Ovos), A Coruña. É unha traxedia breve e intensa, a exposición lírica da arela hu­mana de ato­par unha resposta que dea razón á vida e á morte. A protagonista é dona Inés de Valverde que, cunha flor na man, representativa da súa permanente disposición á entrega espiritual, camiña pola vida en irremediábel soidade. É unha personaxe feminina de rango universal.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1974 Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro Categoría:Editorial Galaxia