José Queiruga Allegue, nado no Porto do Son o 8 de outubro de 1908 e finado en Pasaia o 6 de xaneiro de 1983,La Voz de Galicia, 5-1-1984, p. 52. foi un mariñeiro, miliciano e anarcosindicalista galego.

Traxectoria

Mariñeiro do Porto do Son afiliado á CNT. En 1931 comezou a traballar en Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España (PYSBE), no porto de Pasaia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse a fronte en Trintxerpe (Pasaia) para defender a República o 18 de xullo. En Porto de Son o seu pai José Queiruga Carou foi aldraxado e zorrado, obrigado a ir en procesión co cartel "Muera Rusia, Arriba España" con outros veciños. A súa nai Carmen Allegue Pérez foi vítima de represalias e tivo que fuxir ao monte para evitar que a rapasen e lle desen aceite de rícino.

Despois da caída de Donostia, José Queiruga incorporouse a fronte republicana de Asturias en setembro de 1936 na Agrupación Confederal Galaica pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 3ª Compañía, ata que caeu a fronte en outubro de 1937. Agochouse en Xixón. Foi detido xunto a nove máis en xaneiro de 1938 cando intentaban fuxir en barco á zona republicana. Estivo preso no penal asturiano de Cerillero e tamén no castelo de San Filipe de Ferrol. Xulgado en Ferrol por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Ingresou no cárcere da Coruña onde estivo preso ata que, logo de varias reducións de pena, lle concederon a liberdade condicional en decembro de 1942.BOE, 11-1-1943, p. 370. Na prisión da Coruña coincidiu co seu irmán Francisco, condenado por berrar cando levaban os seus amigos ao exército franquista e con Xerardo Díaz Fernández, amigo que despois escribiu sobre os horrores vividos.

Ao saír da cadea volveu ao Porto do Son onde casou. En 1955 a familia trasladouse a Trintxerpe (Pasaia). Durante a ditadura escondeu na súa casa un vello amigo, ao que axudou a fuxir a Francia. Vida persoal Casou con Ana María Fernández García e foi pai de José, Mari Carmen, Abelardo e Venancio Queiruga Fernández. Notas

Véxase tamén

Bibliografía Xosé Queiruga Allegue, mariñeiro e cenetista

Ligazóns externas Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (Q) Mortes por fame

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes