Yvonne Ann Blake, nada en Manchester o 17 de abril de 1940 e finada en Madrid o 17 de xullo de 2018, foi unha deseñadora de vestiario hispano-británica, gañadora dun premio Óscar e catro premios Goya. En 2012 converteuse na primeira muller galardoada co Premio Nacional de Cinematografía sen ser actriz. Ademais foi presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (AACCE) dende 2016 ata 2018.
Traxectoria Nada en Manchester, aos 16 anos obtivo unha bolsa para estudar arte, deseño e escultura no Regional College of Art & Design de Manchester. Posteriormente viaxou a Londres e presentou o seu cartafol na Casa Bermans, creadora de vestiarios como os de Cleopatra. Ao ver os seus esbozos, ofrecéronlle un posto de axudante de Cynthia Tingey, deseñadora estable da casa e creadora do vestiario de estrelas de cine.
Tras traballar varias veces de axudante, o seu primeiro traballo como deseñadora no cinema foi en 1966 co filme de Daniel Mann Judith, protagonizada por Sophia Loren. Os seus seguintes títulos foron Falso ídolo, El espía de la nariz fría e Fahrenheit 451.
Na súa primeira etapa en España, Blake participou na rodaxe de dous filmes, Duffy, protagonizada por Susannah York, James Coburn e James Mason, e o western cómico A Talent for Loving. Nesta rodaxe coñeceu o que foi o seu marido, Gil Carretero, que era segundo axudante de dirección. En 1971 gañou o Oscar ao mellor vestiario co filme Nicolás e Alexandra, unha superprodución dirixida por Franklin J. Schaffner e producida por Sam Spiegel.
O 14 de xullo de 2016, Blake asumiu en funcións o posto de presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España tras dimitir o seu predecesor, Antonio Resines. O 15 de outubro, ao ser a única candidata nas eleccións, a institución ratificouna como a súa presidenta.Yvonne Blake, elegida presidenta de la Academia del Cine: "Hay que evitar los caciquismos", artigo de El Mundo
O 3 de xaneiro de 2018 foi ingresada de urxencia no Hospital Universitario Ramón y Cajal tras sufrir un ictus.Yvonne Blake, presidenta de la Academia de Cine, ingresada tras sufrir un ictus, noticia de El País, 4 de xaneiro de 2018 Unha semana despois abandonou a UCI e comezou a recuperación.Yvonne Blake abandona la UCI y es trasladada a planta tras su ictus, noticia de El País, 10 de xaneiro de 2018 Polo seu mal estado de saúde, Blake abandonou as súas responsabilidades de presidenta da AACCE. O 9 de abril a Academia nomeou a Blake presidenta de honor da institución, designou a Mariano Barroso como presidente en funcións e convocou eleccións a presidente.La Academia de Cine convoca elecciones para sustituir a Yvonne Blake, noticia de 20 Minutos, 10/04/2018 Yvonne Blake faleceu o 17 de xullo de 2018 aos 78 anos, sen acabar de recuperarse do ictus que sufrira seis meses atrás.Muere Yvonne Blake, presidenta de Honor de la Academia de Cine, a los 78 años, noticia de El País, 17 de xullo de 2018
Filmografía seleccionada Judith (Daniel Mann, 1966) Farenheit 451 (François Truffaut, 1966) Duffy (Robert Parrish, 1968) The Last Valley (James Clavell, 1971) Nicolás e Alexandra (Franklin J. Schaffner, 1971) Jesus Christ Superstar (Norman Jewison, 1973) The Three Musketeers (Richard Lester, 1973) The Four Musketeers (Richard Lester, 1974) Robin and Marian (Richard Lester, 1976) Superman (Richard Donner, 1978) Bearn o la sala de las muñecas (Jaime Chávarri, 1983) Remando ao vento (Gonzalo Suárez, 1988) Don Juan en los infiernos (Gonzalo Suárez, 1991) Carmen (Vicente Aranda, 2003) Tirant lo Blanc (Vicente Aranda, 2006) Goya's Ghosts (Milos Forman, 2006)
Premios Premios Oscar Mellor vestiarioAnoFilmeResultadoNotas 1971 Nicolás e Alexandra Candidata con Antonio Castillo 1975 The Four Musketeers Candidata con Ron Talsky
Premios da BAFTA Mellor vestiarioAnoFilmeResultadoNotas 1971 Nicolás e Alexandra Candidata con Antonio Castillo 1973 Jesus Christ Superstar 1974 The Three Musketeers 1975 The Four Musketeers
Premios Goya Mellor vestiarioAnoFilmeResultadoNotas 1988 Remando ao vento 1991 Don Juan en los infiernos 1992 La reina anónima 1994 Canción de cuna 2003 Carmen 2004 The Bridge of San Luis Rey 2006 Goya's Ghosts Notas
Véxase tamén
Bibliografía Matellanos, Victor. Diseñado por… Yvonne Blake, figurinista de cine. Madrid: Fundación Autor Laver, James.(2008) Breve Historia del traje y la moda. Madrid: Ensayos Arte Cátedra O’Hara Callan, Georgina. (1999) Diccionario de la moda y los diseñadores Barcelona: Ediciones Destino Lamarca, Manuel e Valenzuela, Juan Ignacio (2008): Cómo crear una película. Anatomía de una profesión. Madrid, T&B Editores. ISBN 978-8496576766. Ligazóns externas Yvonne Blake en la Academia de Cine Intervención de Yvonne Blake en la recogida del premio "Mujer de Cine" Gijón 2014
Categoría:Nados en Manchester Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades do cinema de Inglaterra Categoría:Personalidades do cinema de España