José María Cortés Fernández, nado en San Miguel de Castro (A Estrada) o 22 de xuño de 1897Mortos e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1936, foi un mestre, xornalista e político galego.

Traxectoria Foi mestre interino de Asperelo en 1929,El Pueblo Gallego, 27-4-1929, p. 7. e, logo de aprobar as oposicións en 1931, mestre de Goián.El Progreso, 14-6-1931, p. 2. Colaborou en El Emigrado, Tribuna, Nuevo Heraldo e El País. En abril de 1933 a Garda Civil de Tui rexistrou o seu domicilio na busca de folletos clandestinos.Tribuna, 16-4-1933, p. 2. Sostivo un enfrontamento co mestre Manuel Fernández Álvarez, que deu lugar á presentación dunha querela por inxurías, aínda que a mediación doutros mestres fixo que fora retirada.El Pueblo Gallego, 8-10-1933, p. 11. Foi socio da Casa del Maestro de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 8 de outubro por rebelión militar con José Gómez Rivas, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira, foi condenado a pena de morte con José Gómez. Foron fusilados o 15 de outubro de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía José Cortés Fernández, mestre de Goián

Ligazóns externas Así se xustifica unha condena a morte Represión do maxisterio estradense

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos