Astérix e os normandos (en ) é o noveno volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado por primeira vez de forma serializada na revista Pilote, nos números 340-361, en 1966. Conta a historia do encontro entre a vila gala de Astérix e un grupo de normandos (viquingos).
Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976. A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor". En outubro de 2020, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar para Edicións Xerais.Ficha da obra na páxina da editorial
Notas
Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1966 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego