Najwa Kawar Farah (), nada en Nazaret en 1923 e finada en Toronto o 1 de agosto de 2015, foi unha educadora e escritora palestina.

Traxectoria

Estudou na súa vila natal e na Academia de Profesores de Xerusalén. Deu clase en Nazaret. En 1950 casou co reverendo Rafiq Farah, con quen creou a revista al-Ra'id en 1967. Farah escribiu artigos tamén para a prensa e a radio.

Viviu en Haifa ata mediados da década de 1960, cando deixou a rexión. En 1965 a familia mudouse a Xerusalén, despois en 1977 a Beirut, a Londres en 1986 e en 1998 establecéronse en Scarborough (Ontario, Canadá).

Obra

Abiru al-sabil ("Os pasaxeiros"; relatos, 1954) Durub masabih ("Sendeiros da lámpada"; relatos, 1956) Mudhakkirat rihla ("Memorias dunha viaxe; autobiografía, 1957) Sirr Shahrazad ("O segredo de Sheherazade"; teatro, 1958) Malik al-majd ("Rei da gloria"; teatro, 1961) Li-man al-rabi'? ("A quen pertence a primavera?"; relatos, 1963) Silsilat qisas li-I-ashbal ("Unha serie de historias para xente nova"; literatura infantil, tres volumes, 1963–65) Intifadat al- 'asafir ("O levantamento do pardal"; relatos, 1991) Sukkan al-tabiq al- 'ulwi ("A xente de arriba"; novela, 1996)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Nazaret Categoría:Escritores de Palestina Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Personalidades sen imaxes