Domingo Barja Domínguez, finado na Gudiña o 11 de agosto de 1900, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Pedro Barja Rodríguez e Joaquina Domínguez Pérez. Representante en Laza de Luis Espada Guntín, foi alcalde de Laza. Foi asasinado por motivos políticos cando ía camiño da Gudiña, o 11 de agosto de 1900. Para investigar o asasinato foi nomeado xuíz especial Gumersindo Buján Buján.La Idea Moderna, 8-9-1900, p. 2. Foi acusado do crime Clemente Toro Basallo coa complicidade doutras persoas.Gaceta de Galicia, 22-12-1900, p. 2. No xuízo, celebrado dous anos despois, o tribunal declarou a inculpabilidade de todos os acusados.La Correspondencia Gallega, 16-8-1902, p. 2.

Vida persoal

Casou con Josefa Rodríguez e foi pai de Trifón Barja Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Familia Barja

Categoría:Alcaldes de Laza Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1900 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Asasinatos en Galicia