miniatura|dereita|Estrutura dun G-quadruplex.Esquerda: a G-tétrade. Dereita: G-quadruplex intramolecular..

Un G-quadruplex (pronuciado gue cuádruplex) é o nome que reciben unhas estruturas que se poden formar nas secuencias de ADN e de ARN ricas en guanina. Estas estruturas ás veces tamén se denominan G-tétrades, e G4-ADN ou G4-ARN (segundo estean nas respectivas secuencias de ADN ou de ARN).

Son estruturas helicoidais que conteñen tétrades (disposición en cadrado) de guanina que poden formarse a partir dunha, dúas, ou catro febras.

As estruturas están estabilizadas por enlaces por pontes de hidróxeno. Tamén poden ser estabilizadas pola existencia de catións monovalentes (especialmente potasio) no centro das tétrades.

Poden estar formadas por ADN, ARN, LNC e APN, e poden ser intramoleculares, bimoleculares ou tetramoleculares. As formas unimoleculares adoito aparecen cerca dos extremos dos cromosomas (nos chamados telómeros), e nas rexións reguladoras da transcrición de múltiples xenes e oncoxenes.

Dependendo da dirección das cadeas ou partes da cadea que forman as tétrades, as estruturas poden describirse como paralelas ou antiparalelas. As estruturas G-quadruplex poden predicirse computacionalmente a partir de secuencias de ADN o ARN, pero as súas estruturas reais poden variar bastante, variacións que poden chegar a máis de 100 000 por xenoma. As súas actividades en procesos xenéticos básicos son unha área activa de investigación en telómeros, regulación de xenes e investigación xenómica funcional.

Notas

Categoría:ADN Categoría:ARN