Manuel Abad Abad, coñecido artisticamente como Teo Abad, nado na Coruña o 15 de setembro de 1953, é un director, realizador e fotógrafo galego de cine e televisión.

Traxectoria Nos anos 70 formou parte dos grupos pioneiros do cine galego contemporáneo a través do equipo “Imaxe” en formatos Super 8 e 16 mm. Máis tarde participou na fundación da produtora audiovisual galega Espello Video Cine e, como fotógrafo, en grupos experimentais como "A Carón". Foi correspondente gráfico da primeira revista xornalística en galego, Teima, e seleccionado para o primeiro Anuario Fotográfico Español, editado pola mítica revista Nueva Lente.

Na década dos noventa formou parte da nova xeración de videocreadores, sendo seleccionada polo Museo Raíña Sofía para a primeira antoloxía de videocreación en España, "La imagen sublime" (1987),La imagen sublime e Españoles visionarios (1993).Españoles visionarios Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporánea ("Prólogo").

Foi socio fundador tamén das compañías audiovisuais "Triax", "Zenit" (con Gestmusic Endemol) e "Formatting", ademais de creador de formatos para varias produtoras como "Comunicasom" (Lisboa), Video Voice, CTV, Pequeno hotel, Faro TV, Artiket, Pórtico de Pórtico de Comunicaciones... Tamén formou parte da primeira promoción que puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde foi Xefe de Realización.

Obras

Contraaluz (2017), Documental de Formateo S.L Verbenalia (2016), Musical, de Tex 45 A busca da mirada (2014), Documental da Academia Galega do Audiovisual Galicia 112. Magazine. Pórtico de Comunicaciones Sexo, entre o ceo e a terra (2010), Documental de Formateo S.L. e Faro T.V Flores Tristes (2008), Documental, de Formateo S.L., Portico de Comunicación Tac Producciones. Son de estrelas (2007) Musical, Voz Audiovisual Amalia, última noticia (2006), Documental, de T.V.G. Xacobeo (2004 e 1999). Espectáculos. Xunta de Galicia Con perdón (2003). Entretemento. Comunicasom (Lisboa) Xacobeo (1999). Espectáculos. TVG. A vida aberta (1998). Docushoap. con Zenit Multimedia A rosalia. Documental (1997) Estrelas, o programa. Concurso (1995) Lendas do mar. Documental (1993) TVG Luar (1992) Musical. TVG Mar a Mar (1991) Musical. Televisión Española, Radio Television Portuguesa, Televisión de Galicia, Canal Sur, Euskal Telebista, TeleMadrid Televisión Pirata Experimental (1990) A Fala (1990) Especial Musical. TVG Corazonada (1989) Magazine. A mellor TV do mundo (1989) TVG.

Ficción

Pequeno hotel. Comedia de situación (2002). Conta (1994). Hardo (1991). 365 (1990). Prólogo (1986). O neno con pernas de Pomba (1985). Denantes (1984).

Notas

Véxase tamén

Portal "Galegos" ( galegos.info e galiciadigital.com ) CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia Cine galego Axencia Audiovisual Galega. Consello da Cultura Galega

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia