Aleix Font Rodríguez, nado o 11 de marzo de 1998 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Leyma Coruña da Liga ACB.
Traxectoria O 2 de novembro de 2019, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Obradoiro CAB da Liga ACB.
O 21 de agosto de 2020, Font rescindiu o seu contrato co FC Barcelona e asinou un contrato de catro tempadas co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.Aleix Font, futuro para el Casademont Zaragoza Na súa primeira tempada co Zaragoza, foi cedido ó Bàsquet Girona da Liga LEB Ouro. O 10 de decembro de 2020, o Zaragoza recuperou ó xogador debido ás lesións de longa duración de dous dos seus xogadores.Aleix Font se incorpora al Casademont Zaragoza
O 29 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Font por unha tempada co Básquet Coruña da Liga LEB Ouro. Ó remate da súa primeira tempada na Coruña, Font acadou o galardón ó mellor xogador da tempada co club coruñés. O 13 de xullo de 2023, Font renovou co Básquet Coruña por unha tempada máis.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FEB.es
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002 Categoría:Xogadores do Bàsquet Girona Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña