O n'ko (en ) é unha koiné estandarizada e unificada das diversas linguas mandinga escrita en alfabeto n'ko. É empregada en Guinea, Malí, Costa do Marfil, Burkina Faso e outros países de África Occidental, mais non exclusivamente de forma escrita, mentres que na fala real, úsanse as diferentes variedades mandinga: maninka, bambara, diula entre outras.

É un rexistro literario cunha gramática prescritiva coñecida como "kángbɛ" ("linguaxe clara") codificada por Solomana Kante, sobre a variedade màninkamóri falada na rexión nativa de Kante, Kankan, servindo como dialecto intelixible.Donaldson, Coleman (2017) “Orthography, Standardization and Register: The Case of Manding.” In Standardizing Minority Languages: Competing Ideologies of Authority and Authenticity in the Global Periphery, edited by Pia Lane, James Costa, and Haley De Korne, 175–199. Routledge Critical Studies in Multilingualism. New York, NY: Routledge.

Valentin Vydrin en 1999 e Coleman Donaldson en 2019 indicaron que a popularidade de escribir as linguas mandinga na forma estandarizada n'ko está a medrar. Esta forma escrita estandarizada úsase cada vez máis para a educación dos falantes das diferentes variedades.Oyler, Dianne White (1994) Mande identity through literacy, the N'ko writing system as an agent of cultural nationalism. Toronto : African Studies Association. Tamén é de uso común nas comunicacións electrónicas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en n'ko

Categoría:Linguas mandinga Categoría:Linguas estándares