Mujeres Libres era o título do órgano de prensa da organización anarquista española Mujeres Libres, fundada por Amparo Poch y Gascón, Lucía Sánchez Saornil e Mercè Comaposada i Guillén, para espallar os seus puntos de vista e tivo unha clara orientación anarcofeministaDíaz-R. Labajo (2017), p. 503 e tamén era partidaria da colectivización durante a Revolución Social española de 1936. O seu primeiro número saíu do prelo o 2 de maio de 1936 e, tiña como subtítulo "Cultura y Documentación social" o que indicaba a súa idea de espallamento da cultura. Pasou por tres etapas.
Traxectoria Na primeira etapa, entre 1936 e 1938, publicáronse 13 números en total. O número 1 publicouse en Madrid mais, inmediatamente, a cabeceira trasladouse a Barcelona onde se publicaron os doce restantes.Tavera (2006), p. 62 Aínda que pretendeu ter unha periodicidade mensual, co comezo da guerra pasou a editarse irregularmente e a datación dos números tamén resultou rechamante empregando expresións como: "32 días da Revolución" ou "XI mes da Revolución.Díaz-R. Labajo (2017), p. 504
Aparecía como unha revista de mulleres para mulleres polo que só aparecían colaboradoras como Amparo Poch y Gascón, Federica Montseny, Emma Goldman, Lucía Sánchez Saornil, Mercè Comaposada i Guillén, Mary Giménez, Carmen Conde, etc. O único home que se admitiu foi a Baltasar Lobo, un afamado escultor, como encargado dos grafismos. Posteriormente, no número 12 tamén incluíron poemas de León Felipe.López & Nova & Sánchez (2019), p. 60
A segunda etapa desenvolveuse entre 1964 e 1976, na que se volveu publicar no exilio; primeiro en Londres e, despois en Montadin e Capestanh, dúas localidades do Languedoc francés. Estaba dirixida por Suceso Portales e Sara Guillén e, entre as colaboradoras aparecían Lola Iturbe, Tomás Cano, Violeta Olaya e outros. Entre os fotógrafos, Kati Horna.
Na terceira etapa, entre 1977 e 1978, retornou a Barcelona.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Exemplares da revista Vídeo do relatorio de Laura Vicente titulada: "La revista Mujeres Libres, inicio de la 'Red de cordialidad"
Categoría:Prensa anarquista de España Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas editadas en Barcelona