Stephen Blair Hedges (coñecido tamén como S. Blair Hedges) é profesor de bioloxía evolutiva e herpetólogo no Centro de Biodiversidade da Universidade Temple, Pensilvania, onde é director e investiga a árbore da vida.

Asemais, lidera os esforzos de conservación en Haití e noutros lugares. Cofundou o Haiti National Trust.

Traxectoria Hedges acadou o título de Bachelor of Science (Licenciado en Ciencias) na Universidade George Mason, e posteriormente un mestrado e o doutoramento (Ph.D.) en Zooloxía na Universidade de Maryland. Antes de unirse á Universidade Temple en 2014, foi profesor na Pennsylvania State University (Universidade Estatal de Pensilvania).

Foi un dos membros fundadores do Centro de Astrobioloxía da NASA. Publicou máis de 277 obras revisadas por pares, incluíndo oito libros e monografías.

En 2009 foi elixido Fellow (membro) da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia por "revelar conexións entre a evolución biolóxica e a historia da Terra en diversos grupos de organismos", e foi galardoado coa Medalla Académica da Penn State Faculty 2011 por un logro excepcional nas Ciencias da vida e da saúde.

Investigacións Hedges estudou as relacións e o calendario dos grupos taxonómicos principais na árbore filoxenética da vida empregando datos xenómicos. Esta investigación levou a moitos descubrimentos, incluíndo unha orixe temperá para as ordes de mamíferos placentarios e as aves modernas, estimando cando os procariotas e os eucariotas fixeron as primeiras colonizacións na Terra e a súa relevancia para o planeta, e as relacións filoxenéticas entre os réptiles e os mamíferos insectívoros. Acuñou a palabra timetree para unha árbore filoxenética escalada no tempo, cofundou a base de datos TimeTree para explorar a escala de tempo da árbore da vida e coeditou o libro Timetree da vida. Hedges e o seu equipo crearon unha espiral da árbore da vida en 2015 para visualizar as relacións ao longo do tempo de 50 000 especies, e descubriron que a diversificación e a especiación son ​​relativamente constantes ao longo do tempo e entre os grupos.

Hedges tamén ten un programa de campo no Caribe onde estuda a evolución e a bioxeografía de anfibios e réptiles con datos xenéticos, e mantivo unha base de datos de información sobre estas especies, o CaribHerp. No seu traballo descubriu moitas especies novas e até agora nomeou 124 especies de réptiles, anfibios e bolboretas. Tamén describiu tres das máis pequenas especies de réptiles e anfibios, incluída a rá anana de monte Iberia (Eleutherodactylus iberia), Henry Fountain (3 de decembro de 1996): "Under Cuban Ferns, A Very Small Frog". New York Times. o xeco Sphaerodactylus ariasae, e a serpente Tetracheilostoma carlae. Segundo el mesmo, as súas investigacións foon descritas en 11 artigos no New York Times.Artigos sobre as investigacións do laboratorio de Hedges no New York Times.

Accións conservacionistas O traballo de Hedges e o seu equipo en Haití definiu puntos quentes de biodiversidade para o establecemento de tres parques nacionais neste país. Tamén iniciou un programa de cría en catividade para conservar dez especies de sapos en perigo de extinción no Zoo de Filadelfia. Xunto co CEO haitiano Philippe Bayard, fundou en Pétion-Ville o Haiti National Trust, unha ONG de protección ambiental

Recoñecementos Fellow (membro) da AAAS.Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia. Medalla Académica da Penn State Faculty.

Epónimo Foille dedicada a especie Eleutherodactylus blairhedgesi Estrada, Díaz & Rodríguez, 1998.

Abreviatura A abreviatura Hedges emprégase para recoñecer a Stephen Blair Hedges como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Especies descritas por Hedges

Amphisbaena carlgansi Amphisbaena cayemite Amphisbaena leali Anolis alayoni Anolis alfaroi Anolis macilentus Anolis oporinus Anolis placidus Anolis vescus Aristelliger reyesi Arrhyton procerum Arrhyton supernum Calisto pauli Calisto thomasi Calisto woodsi Celestus macrotus Diploglossus garridoi Eleutherodactylus adelus Eleutherodactylus amadeus Eleutherodactylus aniptopalmatus Eleutherodactylus bipunctatus Eleutherodactylus caribe Eleutherodactylus corona Eleutherodactylus dolomedes Eleutherodactylus eurydactylus Eleutherodactylus glamyrus Eleutherodactylus guantanamera Eleutherodactylus iberia Eleutherodactylus mariposa Eleutherodactylus melacara Eleutherodactylus parapelates Eleutherodactylus principalis Eleutherodactylus rhabdocnemus Eleutherodactylus riparius Eleutherodactylus rivularis Eleutherodactylus stictogaster Eleutherodactylus tetajulia Eleutherodactylus thorectes Eleutherodactylus toa Eleutherodactylus tonyi Leptotyphlops breuili Leptotyphlops carlae Phrynopus auriculatus Phrynopus bracki Phrynopus tribulosus Pristimantis adiastolus Pristimantis albertus Pristimantis minutulus Rhinella yanachaga Sphaerodactylus ariasae Sphaerodactylus cricoderus Sphaerodactylus epiurus Sphaerodactylus ladae Sphaerodactylus perissodactylius Sphaerodactylus pimienta Sphaerodactylus plummeri Sphaerodactylus richardi Sphaerodactylus schuberti Sphaerodactylus schwartzi Tarentola crombiei Tropidophis celiae Tropidophis fuscus Tropidophis hendersoni Tropidophis morenoi Tropidophis spiritus Tropidophis xanthogaster Typhlops agoralionis Typhlops anchaurus Typhlops anousius Typhlops arator Typhlops contorhinus Typhlops eperopeus Typhlops hypomethes Typhlops notorachius Typhlops perimychus Typhlops proancylops Typhlops satelles Typhlops sylleptor

Vida persoal Hedges está interesado na arte renacentista, o que o levou a realizar varios estudos científicos de obras de arte temperás, incluído o desenvolvemento dun método para datar impresións antigas, e un estudo sobre a bioxeografía histórica dos escaravellos a partir dos buratos que facían nos libros antigos.

Notas

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Paleontólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade George Mason