A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.
A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.
Demografía A comarca de Viana tiña 5.591 habitantes en 2020. É unha área de forte envellecemento, pois en 2020 o 39,53 % da poboación (2.210 persoas) superaba os 65 anos. Pola contra, tan só 404 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 7,23 %. En 2020 rexistrou 18 nacementos e 128 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -110. A idade media ascendía a 55,62 anos en 2020.
Posición Concello Habitantes Porcentaxe 1º Viana do Bolo 2.818 50,40 % 2º A Gudiña 1.236 22,11 % 3º A Mezquita 1.013 18,12 % 4º Vilariño de Conso 524 9,37 % Total Comarca de Viana 5.591 100 %
Padrón municipal 2020 5.591 habitantes Menores de 15 anos 404 (7,23 %) Entre 16 e 64 anos 2.977 (53,25 %) Maiores de 65 anos 2.210 (39,53 %)
Galería de imaxes
Notas
Viana, Comarca de