Mytilus platensisMytilus platensis d'Orbigny, 1842 no WoRMS. é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos, unha das oito integradas no xénero Mytilus.Mytilus Linnaeus, 1758 no WoRMS.
Na literatura científica tamén se coñece como Mytilus edulis do sur, Mytilus edulis platensis,Borsa, P.; Rolland, V. & Daguin-Thiébaut, C. (2012): "Genetics and taxonomy of Chilean smooth-shelled mussels, Mytilus spp. (Bivalvia: Mytilidae)" (PDF). Comptes Rendus Biologies 335 (1): 51–61. ou Mytilus chilensis.
É propia das costas de Chile, Arxentina, Uruguai, e das illas Malvinas e Kerguelen.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1842 polo naturalista e zoólogo francés, especializado en malacoloxía, Alcide d'Orbigny.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Mytilus.
O epíteto específico, platensis (en latín científico "do Plata") refírese ao mar del Plata, rexión onde foi encontrada a especie orixinariamente.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Choromytilus chilensis (Hupé, 1854) Mytilus desolationis Lamy, 1936 Mytilus eduliformis d'Orbigny, 1842 Mytilus edulis desolationis Lamy, 1936 Mytilus edulis platensis d'Orbigny, 1842 Mytilus fischerianus Tapparone Canefri, 1874 Mytilus hupeanus Rochebrune & Mabille, 1889 Mytilus infumatus Rochebrune & Mabille, 1889 Mytilus kerguelensis E. A. Smith, 1885 sensu Fletcher, 1938 Mytilus obesus Reeve, 1858
Nota taxonómica: o complexo Mytilus edulis Como é ben sabido (véxase Mytilus edulis e M. galloprovincialis) durante moitos anos considerouse a especie Mytilus galloprovincialis como conespecífica con Mytilus edulis.Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia.Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1, p. 200. Pero eealmente este problema afecta a un grupo de (polo menos) tres taxons de mexillóns estreitamente relacionados, coñecido como "o complexo Mytilus edulis". Colectivamente ocupan ambas as costas do Atlántico Norte (incluído o Mediterráneo) e do Pacífico Norte en augas desde temperadas a polares, así como costas de natureza similar do hemisferio sur. A distribución dos taxons compoñentes foi modificada recentemente como resultado da actividade humana (especies invasoras). Estes taxons poden hibridarse entre si, se están presentes na mesma localidade.
O complexo constitúeno: Mytilus edulis (sensu stricto): propio do Atlántico Norte. Mytilus galloprovincialis: habita no Mediterráneo, o mar Negro e as costas de Europa occidental. Foi introducido nas do Pacífico Norte temperado, nas de Suráfrica e noutras partes do hemisferio sur. Mytilus planulatus, o chamado mexillón azul de Nova Zelandia, unha liñaxe distintiva nativa do hemisferio sur ao longo da costa sur de Australia, Tasmania e Nova Zelandia. (Non confundir con Perna canaliculus, o mexillón de Nova Zelandia ou mexillón de labios verdes). Mytilus platensis (sinónimo M. chilensis), o mexillón chileno: habitante das augas tempeadas e subantárticas de América do Sur e as Illas Kerguelen. Mytilus trossulus: do Pacífico Norte, partes do norte do Atlántico e o mar Báltico.
Características É un mexillón que mide ao redor de 7 cm de longo e 3 cm de largo, e cuxas valvas distínguense por presentaren só estrías concéntricas de crecemento e estaren cubertas por un perióstraco de cor que vai da parda-amourada á violácea. O manto é de cor amarela alaranxada.
A súa distribución batimétrica vai desde o sector rochoso da zona intermareal até os 10 m de profundidade.
Mitilicultura Mytilus platensis é obxecto dunha importante industria intensiva de cultivo (mitilicultura) en Chile. Desde 2004 a 2008 a produción comercial anual aumentou desde as 80 000 até as 200 000 toneladas.Ríos, J. L. (2010): Mussels - May 2010, Chile Globefish.org. Tras unha diminución en 2009, a produción volveu a acadar un alto nivel en 2010.Bivalves, February 2011 Globefish.org
Máis de 45 000 toneladas de mexillóns foron exportados desde Chile en 2008, o 93 % deles conxelados. Ao redor do 74 % das exportacións foron á UE, principalmente a España e Francia, e o 15 % aos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115. Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0. Osorio, C. (1979): "Moluscos marinos de importancia económica en Chile". Biol. Pesq. Chile 11: 3-47. Uriarte, I. (2008): "Estado actual del cultivo de moluscos bivalvos en Chile". En A. Lovatelli, A. Farías e I. Uriarte, editores. Estado actual del cultivo y manejo de moluscos bivalvos y su proyección futura: factores que afectan su sustentabilidad en América Latina. Taller Técnico Regional de la FAO. 20–24 de agosto de 2007, Puerto Montt, Chile: FAO. Actas de Pesca y Acuicultura. Nº 12. Roma: FAO. pp. 61–75.
Outros artigos Pteriomorfios Mitílidos (orde) Mitílidos Mytilus
Categoría:Mitílidos