Os tumbos é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1950 no nº 5 de Alba (Vigo). Foi reeditado en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 139-142 ISBN 84-85385-26-8 e en 1984 na Narrativa completa (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 205-209. ISBN 84-7492-321-2. Son só unhas catro páxinas.

Trama Lembra a estrada que levaba cando era neno á casa onde pasaba os veráns a familia. Soña e esperta escoitando un tumbo oco, seco, fatal. Todas as noites empeza a escoitarse, el non ten medo mais a familia asústase. A principio non o contan a ninguén por vergoña. Os tumbos seguen, as meniñas choran, a neneira berra. O pai pon un fío no muro da horta pero non atrapa nada e mesmo anda con revólver na man. Acábao sabendo todo o mundo. Unha noite veñen todos os veraneantes quedaren con eles, mais esa noite non se escoita. A neneira empeza a dicir que viu un fantasma no seu cuarto.

Acaban chamando a Benemérita que non atopa nada. O consumeiro -o encargado de cobrar na caseta os consumos, as mercadorías, que pasaban de concello a concello- protesta porque lle tiraron mazás desde a casa do neno. Volve a Garda Civil e a neneira conta que acaban de caer mazás pola cheminea. Finalmente a neneira asústase coa Garda Civil e aclara a orixe de todos os sucesos que semellaban de trasnos. Fora un pecado de amor "e é mester perdoa-la”. Era moza e tiña mozo mariñeiro na cidade, esmorecía por estar col. Por iso cumpría volver á cidade sen que tivese que deixar o traballo, que era bo. Por iso ideou o asunto dos trasnos, se se asustaban todos volverían á cidade e asunto resolto. Ela mesma collía unha zoca e petaba con toda a alma na parede. Como o do tumbo non deu o resultado debido tamén o intentou coas mazás. A rapaza acabou despedida.

Características Na edición de 1984 sinálase:.

Henrique Rabuñal comenta:

Notas

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras literarias de 1950