As pitas baixo a chuvia é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1952 no nº 224-225 da revista Lar, da Asociación Galega de Beneficiencia e Mutualidade Hospital Gallego de Buenos Aires. Reeditouse en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 135-139. ISBN 84-85385-26-8 e en 1984 na Narrativa completa (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 199-201. ISBN 84-7492-321-2. Tamén reeditado en 2008 por Edicións Embora como As pitas baixo a choiva. Son só unhas tres páxinas.

Foi levada ao teatro en 2022 pola compañía Ghazafelhos.

Trama Lembra, trinta e cinco anos antes, aqueles galos de cando neno, eran outra cousa, non como os de agora. Moito quería o neno os animais. Pasa tempo véndoas escaravellar, recolle os ovos, ponlles nomes a todas. De súpeto empeza a chover torrencialmente. Non había poleiro no curro, que se metían nun rocho da casa. Ve as galiñas todas molladas e arrimadas aos muros, tenta collelas para metelas dentro, mais elas non se deixan e acaba o rapaz todo mollado. O pai tenta que se recolla e o cativo non está disposto a deixar as galiñas. Acaba saíndo toda a familia con paraugas a recoller as pitas. Só queda o galo, píllao a avoa polo rabo, pero esvara e cae toda mollada.

Características Na edición de 1984 sinálase:

Henrique Rabuñal comenta:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

As pitas baixo a choiva, proxecto educativo, 2020

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras literarias de 1952