Gabrielle-Charlotte Patin, nada en 1666 en París e finada en 1751, foi unha numismática e escritora francesa do século XVII."Gabrielle-Charlotte Patin ". En Dictionnaire des Femmes de l'ancienne France. Société Internationale pour l’Étude des Femmes de l’Ancien Régime.Benucci, F. (2008).
Traxectoria Cabielle-Charlotte era neta do médico e coñecido esctitor epistolar Guy Patin, e a filla máis vella do tamén médico e numismático Charles Patin e da escritora moralista Madeleine Hommetz. A súa irmá era Charlotte-Catherine Patin, unha muller de letras e crítica literaria."Gabrielle Charlotte Patin". Geneanet. Do mesmo xeito que a súa irmá, Gabrielle-Charlotte criouse na abadía de Port-Royal-des-Champs, ao suroeste de París, ata a primavera de 1679. No outono dese ano, as irmás trasladáronse inicialmente a Lión e despois a Turín. Jacob Spon foi quen se ocupou delas na súa viaxe a través dos Alpes ata Italia, onde á súa chegada llas confiou ao seu pai, Charles Patin. A familia estableceuse en Padua, logo de que o seu pai tivese que fuxir de Francia 1668, onde fora condenado a cadea perpetua en galeras por importar libros sediciosos."Charlotte Catherine Patin: A Seventeenth-Century Female Art Historian? ". Princeton University Library."Patin (Charles) - Patin (Madelène Hommets)". En VV.AA (1823). Páxinas 124-128
Gabrielle-Charlotte Patin publicou en Venecia un estudo en latín sobre a representación da fénix nunha medalla de Caracalla: De Phœnice in numismate imperatoris Caracallæ expressa epistola (1683). En 1679 foi admitida, baixo o nome de "Diserte", na Academia Galileana de Ciencias, Letras e Artes (Accademia Ricovrati), onde pronunciou en 1685 o seu panexírico de Lois XIV."Gabrielle-Carlotte". En VV.AA (1823). Páxina 128."Patin (Charlotte-Catherine, et Gabrielle-Charlotte)". En Prudhomme, L. (1830). Páxinas 45-46
En 1692 casou en Padua co conde Luigi Santapaulina, un monitor ecuestre da Accademia Delia. Á morte do seu pai, acolleu no seu fogar a súa nai e a súa irmá. Logo do falecemento do seu marido, ela quedou en Padua coa súa nai, en tanto que a súa irmá se fixo monxa. Gabrielle-Charlotte casou en segundas nupcias, en 1726, con Francesco Rosa.
Patin morreu en 1751, aos 86 anos.
Publicacións
(1680). Resp. Conclusiones philosophicæ. (1683): De Phœnice in numismate imperatoris Caracallæ expressa epistola.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Benucci, F. (2008). "Charles Patin: la casa, gli ultimi anni di vita a Padova, la famiglia". En Quaderni per la storia dell'università di Padova. Páxinas 3-81. ISSN 0078-7760 Ivanoff. N. (1970). "La collezione Rosa-Patin ed alcuni artisti stranieri a Padova nel XVII secolo". En Arte veneta. Istituto di Storia dell'Arte. Università di Padova. Nº 23. Páxinas 236-238. Lesaunier, J.; McKenna, A. (2004). Dictionnaire de Port-Royal. París. Honoré Champion. ISBN 9782745310507 Paas, J. R. (1989). "Sigmund von Birken and Gabrielle Charlotte Patin". En Daphnis. Vol. 18. Nº 3. Páxina 569. ISSN 0300-693X Prudhomme, L. (1830). Biographie Universelle et Historique des Femmes Célèbres. Tomo 4. París. Lebigre. VV.AA (1823). Biographie Universelle Ancienne et Moderne. Tomo 33. París. Michaud.
Categoría:Nados en 1666 Categoría:Finados en 1751 Categoría:Nados en París Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Escritores de Francia