Xuvia-Castro é un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 2.074 ha dos concellos da Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez, percorridos polo río Xuvia e o seu afluente o Castro e que conserva gran parte dos bosques tradicionais de ribeira. Na parte alta do río Castro, na Serra do Forgoselo, localízase unha grande extensión de torgueiras ben conservadas. A altitude media é de 407 m. e pertence á rexión bioclimática atlántica.
Hábitats Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae). Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition. Estanques temporais mediterráneos. Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix. Uceiras secas europeas. Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo. Turbeiras de cobertor. Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica. Bosques aluviais de ameneiro (Alnus glutinosa) e freixo. Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica. Bosques de castiñeiro (Castanea sativa).
Flora e Fauna Flora Esfagno (Sphagnum pylaisii). Fauna Lontra (Lutra lutra). Gabián eurasiático (Accipiter nisus). Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus). Merlo rieiro (Cinclus cinclus). Falcón pequeno (Falco subbuteo). Ouriolo (Oriolus oriolus). Papuxa montesa (Sylvia undata). Salamántiga (Chioglossa lusitanica). Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).
Notas
Xuvia-Castro