Un meridiano primario (ou meridiano orixe) é un meridiano que, en cartografía, serve de referencia de lonxitude, é dicir representa os 0° de lonxitude, na escala de lonxitudes dun corpo celeste. A diferenza dos paralelos definidos completamente polo eixo de rotación dun obxecto celeste, a elección dun primeiro meridiano é totalmente arbitraria.
Historia dereita|miniatura|A primeira proxección de Tolomeo, rexeitada por Máximo Planudes contra 1300, utilizando un meridiano a través das Illas Canarias no oeste de África dereita|miniatura|Facsímile do mapa de Diogo Ribeiro de 1529; o orixinal atópase na Biblioteca do Vaticano. miniatura|1571: mapa de África de Abraham Ortelius, co Cabo Verde como primeiro meridiano. dereita|miniatura|Gerardus Mercator, no seu Atlas Cosmographicae (1595), utiliza un meridiano principal nun lugar próximo a 25 ° O, pasando xusto ao oeste da illa de Santa María no Atlántico. O seu meridiano 180 percorre o estreito de Anian (estreito de Bering) A noción de lonxitude foi desenvolvida polos gregos Eratóstenes (c. 276 a.C. - c. 195 a.C.) en Alexandría, e Hiparco (c. 190 a.C. - c. 120 a.C.) en Rodas, e aplicouse a un gran número de cidades polo xeógrafo Estrabón (64/63 aC - c. 24). Porén, foi Tolomeo (c. 90 - c. 168) quen primeiro empregou un meridiano consistente para un mapa mundial na súa Geographia .
Tolomeo utilizou como base as illas Afortunadas, un grupo de illas do Atlántico que adoita estar asociado ás illas Canarias (de 13° a 18° O), aínda que os seus mapas sitúanas máis preto das illas do Cabo Verde (22° a 25° O). O punto principal está colocado ao oeste da punta occidental de África (17,5° O), xa que aínda non se utilizaban os números negativos. O seu primeiro meridiano corresponde actualmente a 18° 40' oeste de Winchester (uns 20° O). Entón, o método principal para determinar a lonxitude era utilizar a hora das eclipses lunares en diferentes países.
A Geographia de Tolomeo imprimiuse por primeira vez con mapas en Boloña en 1477, e moitos mapas de principios do século XVI seguírona. Pero aínda había a esperanza de que existise unha base "natural" para un meridiano cero. Cristovo Colón informou en 1493 que o compás apuntaba cara ao norte nalgún lugar do Atlántico medio, e este feito utilizouse no tratado de Tordesillas de 1494, que resolveu a disputa territorial entre España e Portugal sobre as terras recentemente descubertas. A liña de Tordesillas estableceuse finalmente en 370 leguas ao oeste do Cabo Verde. Isto móstrase no mapa de Diogo Ribeiro de 1529. A illa de São Miguel (25,5° O) nos Azores aínda foi usada pola mesma razón até 1594 por Christopher Saxton, aínda que para entón demostrouse que a liña de desviación magnética cero non seguía unha liña de lonxitude.
En 1541, Mercator realizou o seu famoso mapa de 41 cm do planeta terrestre e debuxou o seu meridiano precisamente a través de Fuerteventura (14 ° 1' O) nas Canarias. Os seus mapas posteriores empregaron os Azores, seguindo a hipótese magnética, mais no momento en que Ortelius publicou o primeiro atlas moderno en 1570, outras illas como o Cabo Verde tamén se estaban a utilizar. No seu atlas, as lonxitudes contábanse de 0° a 360°, non de 180º O a 180º L, como é habitual na actualidade. Esta práctica foi seguida polos navegantes ata o século XVIII.Por exemplo, Jacob Roggeveen en 1722 deu a lonxitude da illa de Pascua como 268° 45' (comezando en Fuerteventura) no extracto do seu diario oficial reproducido en En 1634, o cardeal Richelieu empregou a illa máis occidental das Canarias, El Hierro, a 19° 55' ao oeste de París, como elección do meridiano. O xeógrafo Delisle decidiu redondealo ata os 20°, de forma que se converteu simplemente no meridiano de París disfrazado.Discurso de Pierre Janssen, director do observatorio de París na primeira sesión da Conferencia sobre o Meridiano.
A principios do século XVIII, a batalla continuou para mellorar a determinación da lonxitude no mar, levando o desenvolvemento do cronómetro mariño de John Harrison. Pero foi o desenvolvemento dos gráficos de estrelas precisos, principalmente polo primeiro astrónomo real británico, John Flamsteed entre 1680 e 1719 e difundido polo seu sucesor Edmond Halley, o que permitiu aos navegantes utilizar o método lunar de determinar a lonxitude con maior precisión mediante a octante desenvolvido por Thomas Godfrey e John Hadley. Entre 1765 e 1811, Nevil Maskelyne publicou 49 números do almanaque náutico baseado no meridiano do Observatorio Real de Greenwich. As táboas de Maskelyne non só facían que o método lunar fose posible, senón que tamén facían do meridiano de Greenwich o punto de referencia universal. Mesmo as traducións francesas do almanaque náutico retiveron os cálculos de Maskelyne de Greenwich, a pesar de que todas as demais táboas de Connaissance des Temps consideraban o meridiano de París como principal.
En 1884, na Conferencia Meridiana Internacional de Washington, delegados de vinte e cinco países votaron para adoptar o meridiano de Greenwich como primeiro meridiano do mundo. Os franceses argumentaron unha liña neutral, mencionando os Azores e o estreito de Bering, mais finalmente abstivéronse e continuaron a empregar o meridiano de París ata 1911.
Lista de meridianos primarios da Terra
Localización Lonxitude actualNome do meridiano Notas Estreito de Bering 168°30' O Ofrecido en 1884 como posibilidade para un "meridiano primario neutral" por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano.International Conference Held at Washington for the Purpose of Fixing a Prime Meridian and a Universal Day. Outubro de 1884. Project Gutenberg Washington, D.C. 77°03′56.07″ O (1897) ou 77°04′02.24″ O (NAD 27) ou 77°04′01.16″ O (NAD 83) meridiano do New Naval Observatory Washington, D.C. 77°02′48.0″ O, 77°03′02.3″, 77°03′06.119″ O ou 77°03′06.276″ O (ambos presuntamente NAD 27). Si fuese NAD27, o primeiro sería 77°03′05.194″ O (NAD 83) meridiano do Old Naval Observatory Washington, D.C. 77°02′11.56299″ O (NAD 83), 77°02′11.55811″ O (NAD 83), 77°02′11.58325″ O (NAD 83) (tres monumentos diferentes que orixinariamente tiñan que estar no meridiano da Casa Branca) meridiano da Casa Branca Washington, D.C. 77°00′32.6″ O (NAD 83) meridiano do Capitolio Filadelfia 75° 10' 12″ OHooker (2006), introduction.Oct. 13, 1884: Greenwich Resolves Subprime Meridian Crisis, WIRED, 13 de outubro de 2010. Río de Xaneiro 43° 10' 19″ OAtlas do Brazil, 1909, by Barão Homem de Mello e Francisco Homem de Mello, published in Rio de Janeiro by F. Briguiet & Cia. Illas Afortunadas / Azores 25° 40' 32″ O Usado ata a idade media, proposto como un dos meridianos neutrais por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano El Hierro (Ferro),Illas Canarias 18° 03' O, 17° 39' 46″ O meridiano FerroAntigüidade, usado na Geographia de Tolomeo. Posteriormente redefinido como 17° 39' 46″ O de Greenwich para estar exactamente 20° ao oeste de París. Tenerife 16° 38' 22" O meridiano de Tenerife Acadou importancia grazas aos cartógrafos e navegantes neerlandeses despois de que abandonasen a idea dun meridiano magnéticoA.R.T. Jonkers; Parallel meridians: Diffusion and change in early modern oceanic reckoning, en Noord-Zuid in Oostindisch perspectief, A Haia, 2005, p. 7. Consultado o 2 de febreiro de 2015. Cádiz 6° 17' 35.4" O meridiano de Cádiz Observatorio real na torre sueste do Castelo da vila, empregado en 1735–1850 pola armada española."In search of the lost meridian of Cadiz" , El País, 23 de decembro de 2016. Consultado o 8 de novembro de 2018.Antonio Lafuente and Manuel Sellés, El Observatorio de Cádiz (1753–1831), Ministerio de Defensa, 1988, páx.144, . Lisboa 9° 07' 54.862″ O Madrid 3° 41' 16.58″ O Kew 0° 00' 19.0″ O Meridiano primario Situado no Kew Observatory de Xurxo III Greenwich 0° 00' 05.3101″ O Meridiano de Greenwich Meridiano Airy Greenwich 0° 00' 05.33″ O United Kingdom Ordnance Survey Zero Meridian Meridiano Bradley Greenwich 0° 00' 00.00″ IERS Reference Meridian París 2° 20' 14.025″ L meridiano de París Bruxelas 4° 22' 4.71″ L Anveres 4° 24' L meridiano de Anveres Ámsterdam 4° 53' L A través do Westerkerk de Ámsterdam; usado para definir o tempo legal nos Países Baixos entre 1909 e 1937Eenheid van tijd in Nederland (Unity of time in the Netherlands), Utrecht University website, consultado o 28 de agosto de 2013 . Pisa 10° 24' L Oslo (Kristiania) 10° 43' 22.5″ L Florencia 11°15' L meridiano de Florencia Usado na proxección Peters, 180° a partir do meridiano que atravesa o estreito de Bering Roma 12° 27' 08.4″ L meridiano do Monte Mario Usado en Roma 40 DatumGrids & Datums – Italian Republic , asprs.org, Consultado o 10 de decembro de 2013. Copenhague 12° 34' 32.25″ L Rundetårnmeridian, article from Den Store Danske Encyklopædi Nápoles 14° 15' L Pressburg 17° 06' 03″ LMeridianus PosoniensisUsado por Sámuel Mikoviny Buda 19° 03' 37″ L meridianu(s) Budense Empregado en 1469–1495; introducido por Regiomontanus, usado por Marcin Bylica, Galeotto Marzio, Miklós Erdélyi (1423–1473), Johannes Tolhopff (c. 1445–1503), Johannes Muntz. Establecido no castelo real (e observatorio) de Buda. Estocolmo 18° 03' 29.8″ L no Observatorio de Estocolmo Cracovia 19° 57' 21.43″ L Meridiano de Cracovia No antigo observatorio de Cracovia no Colexio Śniadecki; mencionado atmén na obra de Nicolao Copérnico Sobre as revolucións das esperas celestiais. Varsovia 21° 00' 42″ L Meridiano de Varsovia Várad 21° 55' 16″ L Tabulae VaradiensesOradea, Tourism office website, consultado o 3 de febreiro de 2015. Between 1464 and 1667, a prime meridian was set in the Fortress of Oradea (Varadinum at the time) by Georg von Peuerbach. Alexandría 29° 53' L Meridiano de Alexandría Meridiano do Almaxesto de Tolomeo. San Petersburgo 30° 19' 42.09″ L Meridiano de Pulkovo 31° 08' 03.69″ L 1884Wilcomb E. Washburn, "The Canary Islands and the Question of the Prime Meridian: The Search for Precision in the Measurement of the Earth " Xerusalén 35° 13' 47.1″ L A Meca 39° 49' 34″ L Tempo da MecaMaimónides, Hilchot Kiddush Hachodesh 11:17 , chama este punto אמצע היישוב, "o medio do cuarto", é dicir, o hemisferio habitable. Evidentemente isto é unha convención acepatada polos xeógrafos árabes do momento. Ujjain 75° 47' L Empregado dende o século IV na astronomía e nos calendarios da India. Kyoto 136° 14' L Empregado nos mapas xaponeses dos séculos XVIII e XIX (oficialmente en 1779–1871). ~ 180 Oposto a Greenwich, proposto o 13 de outubro de 1884 na Conferencia Internacional do Meridiano por Sandford Fleming
Outros corpos celestes Coma na Terra, os meridianos primarios noutros corpos teñen que definirse arbitrariamente. Ás veces emprégase algún elemento da paisaxe como un cráter, outras veces en referencia a outro obxecto celeste ou por campos magnéticos. Definiuse un meridiano cero para estes obxectos do Sistema Solar: Empréganse dous sistemas de coordenadas diferentes para o Sol. O primeiro é o sistema Carrington, segundo o cal o meridiano primario pasa polo centro do disco solar que se vía dende a Terra o 9 de novembro de 1853, cando o astrónomo Richard Christopher Carrington comezou as súas observacións de manchas solares. O segundo é o sistema Stonyhurst, orixinado no Observatorio Stonyhurst. Na Lúa pasa directamente por medio da cara visible dende a Terra, preto do cráter Bruce. Máis xeralmente, para obxectos cunha rotación que sexa síncrona, é posible adoptar a posición media do punto que se atopa directamente ao corpo ao redor do cal viran como orixe das lonxitudes. Esta convención adóptase xeralmente para Ío, Europa, Ganímedes, Calisto ou Titán. En Mercurio, en 1975Merton E. Davies, "Surface Coordinates and Cartography of Mercury," Journal of Geophysical Research, Vol. 80, No. 17, 10 de xuño de 1975Merton E. Davies, S. E. Dwornik, D. E. Gault, and R. G. Strom, NASA Atlas of Mercury, NASA Scientific and Technical Information Office, 1978. definiuse como 20 ° ao leste do pequeno cráter chamado Hun Kal ("20" en maia).