Louise Glück, nada en Nova York o 22 de abril de 1943 e finada o 13 de outubro de 2023, foi unha poeta estadounidense en lingua inglesa. Foi a duodécima poeta laureada (2003-2004) pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e concedéronlle o premio Nobel de Literatura en 2020.
Traxectoria Louise Glück é autora de trece libros de poesía, entre os que se inclúen Averno, The Seven Ages, Vita Nova, polo que foi galardoada co Premio de Poesía de The New Yorker, Meadowlands, The Wild Iris, polo que recibiu o Premio Pulitzer de Poesía e o Premio William Carlos Williams da Poetry Society of America, Ararat, polo que obtivo o Premio Nacional de poesía Rebekah Johnson Bobbit; mentres que con The Triumph of Achiles recibiu, entre outros, o National Book Critics Circle Award.
Tamén publicou unha colección de ensaios, Proofs and Theories: Essays on Poetry(1994), coa que gañou o PEN Martha Albrand Award for Nonfiction.
Finou o 13 de outubro de 2023.Muere la poeta Louise Glück, premio Nobel de Literatura en 2020 Poemarios publicados Firstborn (The New American Library, 1968) The House on Marshland (The Ecco Press, 1975) ISBN 978-0912946184
Descending Figure (The Ecco Press, 1980) ISBN 978-0912946719 The Triumph of Achilles (The Ecco Press, 1985) ISBN 978-0880010818 Ararat (The Ecco Press, 1990) ISBN 978-0880012478 The Wild Iris (The Ecco Press, 1992) ISBN 978-0880012812 The First Four Books of Poems (The Ecco Press, 1995) ISBN 978-0880014212 Meadowlands (The Ecco Press, 1997) ISBN 978-0880014526 Vita Nova (The Ecco Press, 1999) ISBN 978-0880016346 The Seven Ages (The Ecco Press, 2001) ISBN 978-0060185268 Averno (Farrar, Strauss e Giroux, 2006) ISBN 978-0374107420 A Village Life (Farrar, Strauss e Giroux, 2009) ISBN 978-0374283742 Poems: 1962-2012 (Farrar, Strauss e Giroux, 2012) ISBN 978-0374126087 Faithful and Virtuous Night (Farrar, Strauss e Giroux, 2014) ISBN 978-0374152017
Obra traducida para o galego Tres poemas de Louise Glück. Tradución de Carlos Lema. (Euseino? Editores, 2020) Receitas de inverno desde a comunidade. Tradución de Samuel Solleiro. (Chan da Pólvora, 2021)
Ensaio Proofs and Theories: Essays on Poetry (The Ecco Press, 1994) ISBN 978-0880014427 American Originality: Essays on Poetry (Farrar, Strauss e Giroux, 2017) ISBN 978-0374299552
Premios e recoñecementos
En 2001, a Universidade de Yale concedeu a Louise Glück o Bollingen Prize. Entre outros galardóns e honores, posúe o Lannan Literary Award, o Sara Teasdale Memorial Prize, a Medalla ao mérito do MIT e recibiu diferentes axudas e bolsas para a creación literaria de institucións coma as fundacións Guggenheim e Rockefeller.
Premio Nobel de Literatura en 2020
Notas
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa
Categoría:Premio Nobel de Literatura
Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América
Categoría:Nados en Nova York
Categoría:Nados en 1943
Categoría:Finados en 2023 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos