200px|miniatura|François Truffaut, director do filme gañador. Os seguintes 20 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 46ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Alemaña Occidental, Israel, os Países Baixos e Suíza. O galardón recaeu sobre Francia, co filme A noite americana, sendo a sexta vez que gañou o premio dende a súa creación.
Finlandia e Alemaña Oriental presentaron filmes a competición por primeira vez.
Scener ur ett äktenskap foi declarado inelixible, o que provocou controversia. A suposta razón foi que se emitiu na televisión antes de ser estreada en cinemas, mais nese tempo iso non provocaba a inelixibilidade necesariamente. Neste caso, foi porque a emisión televisiva ocorreu máis dun ano antes da estrea en salas en 1974. A inelixibilidade do filme fixo que 24 cineastas, incluídos Frank Capra e Federico Fellini, escribisen unha carta aberta pedindo unha revisión das regras.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Der Fußgänger Alemán Maximilian Schell Der Dritte Alemán Egon Günther A Faca e o Rio Portugués George Sluizer Dny zrady Checo Otakar Vávra Biryeonui beongeori samyong Coreano Byun Jang-ho Habla, mudita Castelán Manuel Gutiérrez Aragón Emberatoriet meem Árabe Hussein Kamal Maa on syntinen laulu Finés Rauni Mollberg A noite americana Francés François Truffaut Fotográfia Húngaro Pál Zolnay Saudagar Hindi Sudhendu Roy The House on Chelouche Street Hebreo Moshé Mizrahi Sutjeska Serbocroata Stipe Delić Reed, México insurgente Castelán Paul Leduc Turks fruit Neerlandés Paul Verhoeven Kopernik Polaco Ewa Petelska e Czesław Petelski Veronica Romanés Elisabeta Bostan Scener ur ett äktenskap Sueco Ingmar Bergman L'Invitation Francés Claude Goretta Osvobozhdenie Ruso Yuri Ozerov Kaigenrei Xaponés Yoshishige Yoshida
Notas
46