Gemini 2 foi a segunda proba de lanzamento dunha cápsula Gemini non tripulada xunto co seu lanzador, un Titan II GLV.
Desenvolvemento da misión A misión de Gemini 2 foi comprobar a integridade estrutural coa cápsula e a adecuación do seu escudo térmico para a reentrada atmosférica, así como o rendemento de tódolos seus sistemas, incluíndo comunicacións, control térmico, sistema eléctrico e sistema de control da posición.
Gemini 2 foi lanzada o 19 de xaneiro de 1965 ás 14:03:49 UTC desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral. O lanzamento foi suborbital, chegando a unha altura de 171,2 km. Durante a súa viaxe a cápsula estivo controlada por un temporizador que permitía ir executando varias actividades. Aos 6 minutos e 54 segundos a cápsula disparou os retrofoguetes, preparándoa para a reentrada. Gemini 2 ameziou no océano Atlántico, a 3419 km ao sueste da zona de lanzamento, tras 18 minutos e 16 segundos de voo e a 26 km do sitio previsto. A cápsula foi recuperada por un helicóptero do portaaeronaves USS Lake Champlain. Tódalas probas durante a misión foron un éxito, salvo a das células de combustible, que tiveron que apagarse antes do lanzamento por un problema anterior ao mesmo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Programa Gemini Gemini 1 Gemini 3 Gemini 4 Gemini 5 Gemini 6 Gemini 7 Gemini 8 Gemini 9 Gemini 10 Gemini 11 Gemini 12
Categoría:Programa Gemini