Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 16 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca. As súas obras superan os corenta volumes. Algún deles, como Galván en Saor (Xerais, 1989), foi un grande éxito de vendas. Foi membro numerario da Real Academia Galega desde o ano 2006.

Traxectoria Nado en Roás (escrito á inversa, Saor, daría título a unha das súas novelas máis destacadas), como fillo primoxénito (de cinco irmáns) de labregos partidarios da Fronte Popular (o pai, Ricardo Cabana Ben, e mailo tío foran republicanos e comunistas, e un tío da nai, Damiana Yanes Chao, tenente republicano na defensa de Madrid), criouse na ideoloxía comunista do pai, e desde 1968 militou na esquerda nacionalista, primeiro na Unión do Povo Galego e logo na Frente Popular Galega.

Cursou o bacharelato no Instituto Masculino de Lugo. Alí asistiu a clases de lingua e literatura galegas, impartidas fóra de horario polo profesor Xesús Alonso Montero. Rematado o bacharelato plantou os estudos e botou varios meses traballando en Madrid. De 1971 a 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. Foi entón cando profundou no coñecemento da literatura galega medieval e completou os coñecementos que adquirira con anterioridade sobre a literatura galega moderna. Na súa formación están presentes, ademais, os poetas europeos, principalmente os clásicos. Desa época é a amizade con Xosé Luís Méndez Ferrín, que mantivo toda a vida, e na que houbo moita comunicación literaria e política. En Vigo fixo, no Goberno Militar, en 1974, o servizo militar, onde o obrigaron a facer uns versos de loanza ao xefe de Estado Francisco Franco..

De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e de 1978 a 1982 estivo como liberado sindical pola INTG. De 1983 a 1987 traballou en Corcubión como garda municipal, e ao remate dese período regresou a Lugo como funcionario do concello, onde durante un tempo se encargou da vixilancia de edificios culturais municipais e foi coordinador de publicacións. Durante as súas décadas de vida como empregado municipal lugués viviu na parroquia de Romeán.

A proposta de Ramón Lorenzo, Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei, o 22 de abril de 2006 ingresou como académico de número da Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedara vacante tralo pasamento de Manuel María. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración,<ref>De Manuel María a Ferrín: a grande xeración</ref> foi respondido por Méndez Ferrín. Na Academia promoveu a candidatura de Xosé María Álvarez Blázquez como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas do ano 2008, candidatura que foi proclamada por votación unánime.

Finou na súa casa de Romeán, aos 69 anos de idade, vítima do cancro., Mar (18/11/2021) "O mundo literario e galeguista despide ao académico e escritor Darío Xohán Cabana" Faro de Vigo .

Usou os pseudónimos de Daniel Méndez O´Dónell e Funqueiro.

Obra Nos seus comezos publicou case exclusivamente poesía, e a partir de 1989 pasou a publicar principalmente narrativa. A súa poesía erótica é valorada pola investigadora María Liñeira como unha contestación aos prexuízos androcéntricos.

Colaborou na prensa. Foi corrector do semanario A Nosa Terra e colaborou en Teima, Faro de Vigo, Atlántico Diario, A Trabe de Ouro, La Voz de Galicia, Grial, Dorna, Murguía, Viceversa, Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil e o Boletín da Real Academia Galega.Darío Xoán Cabana en Dialnet. Desde decembro de 1987 publicou diariamente un encrucillado en galego nas páxinas de La Voz de Galicia, tarefa que continuou durante 34 anos, ata o seu falecemento. Tamén foi membro do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.

Poemas seus foron musicados e cantados por Amancio Prada, Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, A Quenlla, Dioivo, etc. e (2013). "Biobibliografía esencial de Darío Xohán Cabana" (actualizada por X. ).

Poesía Home e terra (1970). Monforte: Ed. Xistral, Colección Val de Lemos. ISBN 978-84-85271-11-5. Verbas a un irmao (1970). Edición do autor. Monforte: Gráficas Breogán. Romanceiro da Terra Cha (1973). Vigo: Ed. Castrelos, Colección Pico Sagro.2ª edición, de 1984, da Editorial Galaxia en Google Books. Elexía nunha escuridade mortal (1974). Xenebra: Ed. Roi Xordo.

Mortos porque Galicia viva (1974).Publicado en Xenebra e asinado co pseudónimo de Daniel Méndez O'Donell, consta de catro poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Alexandre Bóveda", "Roi Xordo" e "Daniel Niebla e Amador Rei". Xenebra: Ed. Roi Xordo. Ábrelle a porta ó día (1981). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-062-8. A fraga amurallada (1983). Ed. Limbo. ISBN 978-8485457076. 2025: Deputación de Lugo, ISBN 978-848192-592-0. VIII Fragmentos (1987). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 9788486021504. Amor e tempo liso (1987). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-86021-49-8. Cantigas de amor vilao (1987). Vigo: Galaxia, Colección Ronsel. ISBN 978-8471545916. Patria do mar (1989). Vigo: Ir Indo, Colección A fraga. ISBN 9788476800133. Antoloxía poética (1992). Nº 61 da Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16. Recolleita (1992). Nº 99 da Biblioteca 114, El Correo Gallego. Cinco lendas (1993). Deputación de Lugo. Canta de cerca a morte (1994). Vigo: Galaxia. ISBN 978-8471549112. Vinte cadernos: Poemas 1969-2002 (2003).Recolle todos os libros de poesía que publicara ata a data. Vigo: Xerais. 544 páxs. ISBN 978-8483029404. Cabalgada na brétema (2006).Cabalgada na brétema en Google Books. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-905-4.

Narrativa Noticias dunha aldea (1973). Vigo: Ed. Castrelos. ISBN 978-8498650815. Galván en Saor (1989). Vigo: XeraisGalván en Saor no sitio web de Xerais.Incluído, co número 73, na Biblioteca Galega 120. Traducida ao castelán. ISBN 978-84-9782-328-9 (2005, 24ª), ePub: ISBN 978-84-9914-753-6.

Fortunato de Trasmundi (1990).Finalista do Premio Blanco Amor.Fortunato de Trasmundi no sitio web de Xerais. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-438-5 (2006, 8ª). Libro dos moradores (1990). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-8476800300. Cándido Branco e o Cabaleiro Negro (1992).Cándido Branco e o Cabaleiro Negro no sitio web de Xerais. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-299-2 (2005, 4ª). Vidas senlleiras (1992).Vidas senlleiras no sitio web de Xerais. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-300-5. A excursión (1992). Contos do Castromil n.º 8. Cerco de ferro (1994).Texto de Cerco de ferro na Biblioteca Virtual Galega. Vigo: Nigra. ISBN 9788487709210. O cervo na torre (1994).O cervo na torre no sitio web de Xerais. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-7507-855-7. Morte de rei (1996).Ficha de Morte de rei en Dialnet. Vigo: Xerais. ISBN 9788483020692. Mitos e memorias (2003).Inclúe: "A illa", "Cerco de ferro", "Martiño en Lumbredón", "Anos de aprendizaxe", "O rescate", "A prisión", "A ruína", "Retorno a Saor" e "O caldeiro". Nove textos, dos que unicamente cinco eran inéditos.Mitos e memorias en LG3. CCG. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-025-7.

Literatura infantil e xuvenil miniatura|No simposio Un galego común, fiel a si mesmo, organizado polo Instituto da Lingua Galega na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. As aventuras de Breogán Folgueira (1990).As aventuras de Breogán Folgueira no sitio web de Xerais. Vigo: Xerais. Ilustracións de Fausto C. Isorna. ISBN 978-84-9782-540-5 (2007, 8ª). Chirlo merlo na figueira (1990). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-081-4. O avión de Cangas (1992).Finalista do Premio Merlín. Vigo: Xerais, Col. Merlín. ISBN 9788475076416. As viaxes do Príncipe Azul (1993).As viaxes do Príncipe Azul no sitio web de Galaxia. Vigo: Galaxia, Árbore. 108 páxs. ISBN 978-84-8288-801-9. Traducida ao catalán. O milagre das estrelas. Aventuras do Mago Antón no Camiño de Santiago (1993).Ficha de O milagre das estrelas en Dialnet.Traducida ao castelán: Vigo: Xerais. Ilustracións de Liliana Vázquez. ISBN 8475077390. O castrón de ouro (1994).O castrón de ouro no sitio web de Galaxia. O Barco de Vapor, SM. 2007: Vigo: Galaxia, Col. Árbore, ISBN 978-84-8288-982-5. Chucho Cacho (1994).Ficha de Chucho Cacho en Dialnet. Vigo: Xerais. ISBN 9788475078397. Inés e a cadela sabia (2000). Edebé-Rodeira. ISBN 978-84-8116-734-4. Dende o Himalaia a Ceilán (2004).Dende o Himalaia a Ceilán no sitio web de Galaxia. Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 48 páxs. ISBN 978-84-8288-747-0. Escolma de lendas populares hindús, dirixidas aos lectores novos.

Ensaio A chegada a Lugo do primeiro tren (2005).A chegada a Lugo do primeiro tren en LG3. CCG. Concello de Lugo. Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (2008).Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra en LG3. CCG. Vigo: Xerais. ISBN 978-8497827157. A música das palabras. De lingua e literatura (1990-2021) (2022). Vigo: Xerais. Póstumo. 456 páxs. ISBN 978-84-1110-071-7. ePub: ISBN 978-84-1110-067-0. Reflexiona sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía.

Tradución A partir de 1984 dedicouse á tradución de poesía do italiano, respectando a métrica e a rima orixinal.

Cancioneiro, de Francesco Petrarca (1989). Xunta de Galicia. Edicións da Curuxa (2012).Cancioneiro no blog de Edicións da Curuxa. A divina comedia, de Dante Alighieri (1990). Xunta de Galicia. Edicións da Curuxa (2014).A divina comedia no blog de Edicións da Curuxa. Vida nova, de Dante Alighieri (1994). Culleredo: Espiral Maior. Os tres mosqueteiros (2 v.), de Alexandre Dumas (2000).Os tres mosqueteiros na Biblioteca da Tradución Galega. Vigo: Xerais. Antoloxía do Doce Estilo Novo (2004).Antoloxía do Doce Estilo Novo no sitio web de Galaxia. Vigo: Galaxia. Edición bilingüe: italiano-galego. Os trobadores da Occitania (2011).Os trobadores de Occitania no blog de Edicións da Curuxa. Edicións da Curuxa. As floriñas de San Francisco (2014).As floriñas de San Francisco no sitio web de Alvarellos Editora. Alvarellos Editora e Xunta de Galicia. Xácome o fatalista, de Denis Diderot (2021).Xácome o fatalista no sitio web de Galaxia. Vigo, Galaxia. Claudine na escola, de Colette (2022). Vigo, Galaxia. miniatura|Entrevistado na rúa en 2007 por Antón Grande, xornalista do Progreso.

Obras colectivas Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973). I Festival de Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1981). II Festival da Poesía do Condado (S. C. D. Condado, 1982). III Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1983). O quiquiriquí e outras narracións (Ediciós do Castro, 1983).Inclúe: "O quiquiriquí", de Miguel Suárez Abel; "De 10 a 11", de Xelís de Toro; "A invasión", de Darío Xohán Cabana, e "Rematado a man", de Margarita Ledo. IV Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1984). Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco). Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (Concello de Lugo, 1986). VI Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1986). VII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1987). VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1988). Sede central. 1 (Clube Cultural Adiante, 1988). X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1990). XI Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1991). Contos da xustiza (Ir Indo, 1991). XIII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1993). Aí está o conto (Xunta de Galicia, 1993). Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (Ediciós do Castro, 1995). O Mundo de Fiz: Escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño, (Citania de Publicacións, 1995).Coeditor con Xavier Rodríguez Barrio. Relato contemporáneo (Xerais, 1995). Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (Xerais, 1996).