Termigal é o organismo "encargado da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, de promover e levar a cabo a elaboración de recursos terminolóxicos e de garanti-la súa dispoñibilidade, e de promove-lo desenvolvemento de produtos de enxeñaría lingüística en que a terminoloxía teña unha especial incidencia" Folleto de publicidade do propio Termigal. Foi creado en 1997 mediante un convenio asinado entre a Real Academia Galega (coma autoridade académica encargada da normativización da lingua galega) e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (coma organismo competente en materia de política lingüística). Actualmente está establecido coma un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) e incluído coma unha sección da RAG, centrándose en definir a terminoloxía técnica en galego. Na actualidade está coordinado por Manuel González González e nel traballan tres bolseiros que xestionan os seguintes servizos: con apoio exterior, desenvolven terminoloxía específica e sistemática para determinadas áreas de especialidade, con proxectos a longo prazo moi amplos e variados (hostalería, mundo empresarial, botánica, oficios e profesións, automoción, música); resolución de consultas realizadas por teléfono ou mediante o correo electrónico, principalmente procedentes de tradutores, terminólogos ou servizos de normalización lingüística.
Publicacións Conta xa con varias publicacións, agrupadas nunha colección numerada que consiste nos seguintes volumes: Victorino Gutiérrez Aller (1998) Formulario notarial. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445322826 Xoaquín Monteagudo Romero (1998) Regulamentos municipais. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445323784 Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez & Xosé L. Rodríguez Villanueva (2002) Vocabulario multilingüe de acuicultura Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844533316X Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez (2000) Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445329138 Edith Pazó Fernández (2005) Dicionario galego de televisión. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844534062X Previamente xa existían publicacións sen estar adscritas especificamente ó Termigal, entre as que destaca: Pedro Benavente (1995) Guía de alimentación. CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445313010 En colaboración con outras institucións terminolóxicas, traballáronse os seguintes temas: artes gráficas comercio electrónico medio natural e ecoloxía química (nome e símbolo dos elementos) SIDA telecomunicacións transporte turístico Outros temas nos que se está a traballar son: hostalaría, gastronomía, alimentación e turismo relacións laborais botánica e taxonomía automoción música mercadotecnia informática
Notas
Véxase tamén Outros artigos Didáctica, Metodoloxía e Materiais Planificación lingüística Normativa oficial do galego
Ligazóns externas Páxina de Termigal no CIRP
Categoría:Terminoloxía Categoría:Centro Ramón Piñeiro