Touro ou Tauro (♉︎) é o segundo signo astrolóxico do zodíaco e o primeiro de calidade fixa e negativa. Segundo a astroloxía occidental, este signo está rexido polo planeta Venus, terra e natureza, inflúe e presenta calidades semellantes á lealdade no contexto da calidade afectiva. O seu signo oposto e complementario á vez é Escorpión.

Touro (xunto cos signos Virxe e Capricornio) pertence ó elemento terra. O seu símbolo está representado por un círculo con cornos que fai referencia á testa dun touro ou dunha vaca. Aínda que existen moitas versións de como puido xurdir este símbolo, a máis popular é a do Touro de Creta, unha iracunda besta mítica que habitaba naquela illa, sendo tamén a forma que adoptou Zeus cando raptou a Europa. Dende un punto de vista arquetípico, Touro estaría estreitamente relacionado co planeta Mercurio

En astroloxía occidental pertencen a este signo os que nacen dende o 20 de abril até o 21 de maio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Signos astrolóxicos occidentais